Losada esixe a Feijóo "que dea a cara no Parlamento" en lugar de "facer propostas grandilocuentes en almorzos en Madrid"

Losada esixe a Feijóo "que dea a cara no Parlamento" en lugar de "facer propostas grandilocuentes en almorzos en Madrid"

Losada esixe a Feijóo "que dea a cara no Parlamento" en lugar de "facer propostas grandilocuentes en almorzos en Madrid"

O portavoz do Grupo Parlamentario dos socialistas de Galicia, Abel Losada, esixiu hoxe a Feijóo “que dea a cara” no Parlamento para debater sobre os problemas de Galicia e explicar que está a facer o Goberno galego, en lugar de dedicarse a facer “propostas grandilocuentes e valeiras nos almorzos en Madrid”.

Losada lembrou que os socialistas galegos pediron a convocatoria urxente dun pleno para avaliara situación económica de Galicia así como a comparecencia urxente do conselleiro de Medio Rural para explicar as medidas de prevención dos lumes do Goberno galego. “Vemos que están tomando esto con calma, que a Mesa foi convocada unha semana despois da nosa petición, e iso que solicitábamos unha convocatoria urxente”.

Contrapuxo este “frenazo” na xestión parlamentaria e a “desaparición” do Goberno galego, coa “batería de saídas mediáticas de Feijóo” que se dedica a plantexar “solucións cuasi-máxicas ante a plana maior do PP en Madrid” en lugar de presentar as súas propostas e dar conta da súa xestión no Parlamento de Galicia.

Así, lembrou a proposta realizada por Feijóo nun almorzo informativo en Madrid sobre pactos nacionais en servizos sociais, e considerou sorprendente que Feijóo fale agora de acadar pactos nesta materia “cando foi el quen impuxo un catálogo de medicamentos, que retirou 430 fármacos aos galegos e galegas, sen levalo previamente ao Consello Nacional de Saúde, ou cando vemos que utiliza continuamente a Lei da Dependencia como un ariete contra o Goberno central”.

“Esta proposta de Feijóo non é máis que unha nova mostra da política de ficción e do márketing político ao que nos ten acostumados”, apuntou Losada, quen tamén aludiu ás declaracións realizadas polo presidente da Xunta que publicou onte o xornal El País, e que “evidencia non só que o contrato de Feijóo con Galicia era un fraude, senón que ademais tiña letra pequena, con anexos que o PP nos vai amosando pouco a pouco”.

Criticou que nesta entrevista Feijóo falase de desmantelamento de servizos públicos e de reducción de salarios, “parece que ignora que os soldos dos galegos se sitúan entre os máis baixos de España e que destruímos máis emprego que a media do Estado dende que chegou á Xunta”. Losada apuntou que “para crear emprego hai que xerar confianza e ser capaces de mellorar o desenvolvemento da economía coa mellora da competitividade, algo que non está a facer o Goberno galego”, apuntou.

“Prestidixitación co copago”Engadiu que as declaracións de Feijóo sobre o copago “son un exercicio de prestidixitación, porque di que non implantaría o copago pero si gaña o PP as eleccións xerais e hai que facelo, pois haberá que facelo”. “Seguindo co seu habitual exercicio de cinismo, bota balóns fóra, neste caso responsabilizando ao seu propio partido”, sinalou Losada.

Criticou tamén que Feijóo afirme que a crise rematará se Rajoy chega ao Goberno central. “Non sei se rematará en 45 días, que foi o que dixo Feijóo que taradaría en solucionar o problema do paro en Galicia, ou si a Rajoy lle dará un prazo maior”, ironizou o portavoz socialista.

Na mesma liña, lamentou que Feijóo aplauda a austeridade da Deputación de Ourense “o que demostra o seu total cinismo”, e lembrou que o alcalde do PP no concello da Coruña cobrará 6.000 euros máis ao ano que o de Vigo, que ten máis poboación, e tamén terá máis dedicacións exclusivas.

A este respecto, lembrou que “despois de toda a parafernalia mediática que montou o Goberno galego en torno á reclamación de 805 millóns ao Goberno de España, agora Feijóo diga que só vai reclamar os 243 millóns orzamentados”. “Ou era mentira que llos debían, ou fai unha auténtica deixación da súa responsabilidade”.

“Xa basta de tentar enganar aos galegos e galegas”, proclamou Losada, quen lembrou a Feijóo que “de austeridade se fala con feitos” e pediulle “que deixe de tentar enganar aos cidadáns e veña ao Parlamento a dar explicacións da súa xestión”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar