Losada esixe a Feijóo desculpas "polo seu terrorismo político e informativo"

Losada esixe a Feijóo desculpas "polo seu terrorismo político e informativo"

Losada esixe a Feijóo desculpas "polo seu terrorismo político e informativo"

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada esixiu ao presidente da Xunta que se disculpe co secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Manuel Pachi Vázquez, “polo seu terrorismo informativo e polo seu terrorismo político” ao tentar vencellar o nome do líder do PSdeG coa Operación Orquesta.

Losada explicou que durante a sesión de control ao Presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo, aludiu a que o nome do dirixente do PSdeG sae no sumario da 'Operación Orquesta', que investiga a corrupción na Costa da Morte, mentres que o seu non.

O portavoz socialista afirma que con estas declaracións Feijoo “intentou unha vez máis cubrir a política de escoria, para manipular e tapar as súas vergonzas con acusacións enormemente graves”. E insistiu “é imprescindible que pida desculpas ao líder dos socialistas pola súa referencia a este asunto”.

Nesta breve comparecencia Abel Losada entregou aos medios de comunicación unha copia do sumario onde aparece o nome do secretario Xeral do PSdeG, en relación a unha chamada dun dos constructores imputados, Daniel Ogando, para intentar concertar unha reunión co alcalde de Cee, o independente Ramón Vigo, que tamén esta imputado. E nela sinalase que este emprázao a atrasar a cita porque ten unha reunión en Santiago con Pachi Vázquez.

Dita reunión celebrouse no Parlamento, Ramon Vigo asistiu na súa calidade de Presidente da Asociación Neria para o desenvolvemento económico e laboral da Costa dá Morte. Na que ademais participaron outros directivos desta entidade e da Federación de Empresarios de Costa da Morte (Fecom).
As medias verdades de Feijoo

Así as cousas o portavoz socialista criticou “o xogo de medias verdades de Feijoo”, e cualificouno como “terrorismo informativo e político”, xa que “utilizar de forma absolutamente espuria o Parlamento para lanzar falsidades, infundios e intentar encharcar a vida política non axuda en absoluto ao desenvolvemento da actividade política”, espetou.

Por ultimo tamén reclamou a Feijóo a que aclare “a quen se refería cando acusou un Ministro do Goberno de España de ameazar ao Alcalde de Cee se non formaba parte da lista socialista”, durante a sesión de control.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar