Losada di que o PP ten unha estratexia predeterminada para xustificar os recortes sociais en Galicia

O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista Abel Losada afirmou que o Goberno de Feijoo conta cunha estratexia pretederminada para xustificar os recortes nos servicios públicos que o Partido Popular fai na nosa Comunidade, e asegura que esta estratexia de Feijoo pertence a folla de ruta da confrontación co Goberno de Zapatero.

Losada fixo esta afirmación tras coñecer que o Goberno de Feijoo vai recortar o gasto en 130 millóns de euros.

Cualificou a situación impulsada polo Goberno da Xunta, de incluír orzamentos aos que a nosa Comunidade non tiña dereito “de irresponsabilidade maiúscula”. E insistiu nas súas criticas, dixo que “o teatro montado por Feijoo é unha autentica estratexia mediatica”. Puntualiza que a política económica de Feijoo é contraditoria “xa que por unha banda inclúese unha política discursiva na que hai unha baixada retórica de impostos, e por outro mantén unha folga de brazos caídos na loita contra o fraude fiscal”, proclamou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar