Losada di que Feijóo demóstrase “claramente prescindible” logo do discurso no debate do estado da autonomía

Losada di que Feijóo demóstrase “claramente prescindible” logo do discurso no debate do estado da autonomía

Losada di que Feijóo demóstrase “claramente prescindible” logo do discurso no debate do estado da autonomía

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, dixo que o presidente da Xunta amosouse hoxe “claramente prescindible” logo do discurso inaugural do Debate do Estado da Autonomía. Así o dixo porque diante das cuestións estratéxicas para superar a crise, Feijóo “mira para outro lado, fundamentalmente para Madrid” buscando a confrontación.

Losada criticou que o presidente da Xunta se amose “incapaz, insensible e imprudente” na xestión da Xunta. Explicou que a situación económica foi “obxectivamente a peor” co seu goberno, é “insensible” aos grupos sociais con menor renda e máis afectados pola crise, e resulta “imprudente” por buscar a confrontación co Goberno central nunha “estratexia persoal na que os galegos e galegas somos un instrumento para as políticas do PP e de Feijóo.

Dixo que Feijóo tenta “borrar a súa propia historia e diluír a responsabilidade” de xestión de dous anos de goberno nos que as condicións da vida dos galegos e das galegas “empeoraron claramente” pola inacción do Goberno galego. Lamentou que no contexto de crise “é incapaz de trasladar confianza e competencia” ao centrarse en “buscar confrontación e inimigos externos”.

Lamentou que o presidente da Xunta esquecera ás 60.000 familias que non reciben ningún tipo de ingreso, case 20.000 máis dende a chegada de Feijóo. Dixo que “aí é onde tiña que estar o obxectivo político fundamental dun goberno comprometido coa súa realidade” e non “no discurso cuantitativo radicalmente falaz de axudas e prestacións que o goberno galego está facendo para os cidadáns de Galicia”.

O responsable socialista desafiou a sumar as cantidades que aparecen ao longo da intervención para evidenciar “a irrealidade, a desconexión do que son os orzamentos da Comunidade Autónoma en termos de actuacións políticas deste presidente e deste goberno”.

Reforma do Estatuto

En definitiva, cualificou o discurso de “plano e retórico” que esquece “as promesas xa incumpridas, como as relativas ao autogoberno ou a reforma do Estatuto de Autonomía”, e engadiu que os socialistas “estamos pendentes de que presente esta proposta” logo de dous anos da súa toma de posesión.

Dixo que Feijóo “fala dun futuro hipotético esquecendo os dous anos que leva gobernando e o presente da realidade dos que vivimos en Galicia” unha intervención “retórica intentando escapar da realidade diaria dos cidadáns”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar