Losada di que Feijóo debería “poñerse colorado” ao pedir a confianza dos galegos despois de coñecer a “nova mentira” do déficit “oculto” de Galicia

Losada di que Feijóo debería “poñerse colorado” ao pedir a confianza dos galegos despois de coñecer a “nova mentira” do déficit “oculto” de Galicia

Losada di que Feijóo debería “poñerse colorado” ao pedir a confianza dos galegos despois de coñecer a “nova mentira” do déficit “oculto” de Galicia

O cabeza de lista por Pontevedra, Abel Losada, referiuse esta ao Informe do Consello de Contas que denuncia o traslado irregular de facturas do ano 2010 ao ano 2011 do goberno da Xunta porque evidencia “esa gran mentira coa que Feijóo quixo enganar a todo o mundo durante todo o tempo falando de facer máis con menos”. Lembrou que hoxe todos os galegos xa saben que, o Consello de Contas elaborou un informe, instruído por José Antonio Orza, -“ningún perigoso socialista”, ironizou, “senón que foi conselleiro de Economía nos gobernos de Fraga”-, que detecta que se maquillaron as cifras “para tentar enganar aos cidadáns e á propia intervención pública”, trasladando facturas, por importe de 411 millóns de euros do ano 2010 a 2011, sendo conselleira Marta Fernández Currás, actual secretaria de Estado de Orzamentos no goberno de Rajoy.

O documento di textualmente: fálase de desprazamentos de obrigas que non foron Partido dos Socialistas de Vigo Agrupación Local Rúa Urzaiz, 180 1º C.P. 36205 Vigo Tfno. 986 222 095 Fax. 986 263 873 e-mail: psoevigo@psoevigo.com recoñecidas no exercicio procedente, sen que exista razón de orde económica, contable ou orzamentaria que o xustifique. As razóns desta “mentira”, argumentou Losada, son políticas de propaganda para reforzar a “falsa imaxe de bo xestor que quere transmitir o PP do seu candidato”. Lembrou que durante os tres anos e medio de goberno de Feijóo houbo recortes, paralización de investimento e, agora, déficit, “onde están os cartos”?, se
preguntou. Durante a súa intervención, lembrou que os socialistas levan moito tempo denunciando as prácticas orzamentarias do PP, que en 2010 pecharon o exercicio en outubro, en 2011, en setembro, “co cal atoparemos unha cantidade igual ou maior cando se faga a análise de interveción do ano pasado”. Destacou que “as mentiras seguen aflorando, vai aflorando unha débeda non recoñecida que se vai acumulando de ano a ano e que no primeiro semestre deste ano chegou ao 1,1%, o dobre que a media do resto das comunidades autónomas que está no
0,55%”, explicou.

Nas súas verbas, Feijóo segue a “vender” unha “falsa” imaxe de bo xestor, é o que é peor nun momento de crise como a que vivimos no que a confianza é un elemento central para buscar a recuperación económica. Este comportamento
“irresponsable” de Feijóo, dixo, unido ás “nefastas” políticas económicas do PP, o único que conseguen é retrasar a recuperación económica de Galicia. Con esta carta de presentación, “que debería poñerlle colorado”, engadiu “é coa que Feijóo se presenta ás eleccións, pedindo a confianza dos galegos”. Losada insistiu en que “hai outras formas de facelo, propoñendo solucións aos problemas e a solución a un problema nunca é unha mentira”.

Debate
Durante o reparto de información electoral esta mañá no Mercado de Teis, o cabeza de lista do PSOE referiuse ao debate que onte protagonizaron os candidatos á presidencia da Xunta na TVG para apuntar que Pachi Vázquez “falou da realidade de Galicia, os problemas dos parados, dos estudantes, e dos maiores, e prantexou unha alternativa socialdemócrata, redistributiva, igualitaria para tentar solucionar os problemas”. Pola contra, Feijóo, “como se fora estraterrestre”, falou “da conferencia de presidentes, de Madrid, de Andalucía e dun déficit que xa sabemos que é falso, unha mentira máis de alguén que non foi quen de dar solucións aos problemas reais”. Lembrou que Feijóo leva 4 anos gobernando “cun contrato con Galicia que incumpriu e, despois de escoitalo, sabemos que vai seguir coa falsa
política de redución do déficit, máis depresión e máis crise e recortes”.

 

O candidato socialista referiuse a outra das “mentiras” do candidato do PP cando di que non hai recortes en materia educativa. Uns recortes que xa, tal e como recollen os medios, denuncian as Foanpas criticando unha redución do 58% das achegas autonómicas para comedores escolares. “Estas mermas non se ciñen so a Vigo, senón que son xeralizadas en toda Galicia”, apuntou.

Abel Losada fixo estas declaracións durante un percorrido polo Mercado de Teis no que estivo acompañado polos candidatos Manel Gallego e Julia López, ademais do presidente dos socialista de Vigo, Abel Caballero.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar