Losada di que "algo cheira a podre en San Caetano" pola cascada de imputacións de altos cargos

Losada di que "algo cheira a podre en San Caetano" pola cascada de imputacións de altos cargos

Losada di que "algo cheira a podre en San Caetano" pola cascada de imputacións de altos cargos

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, dixo que “algo cheira a podre en San Caetano” polo elevado número de altos cargos da Xunta imputados pola xustiza. Así o dixo na rolda de prensa de balance do período de sesións, na que concluíu que a situación de Feijóo resulta “absolutamente insostible” e engadiu que “algo terá que explicar aos galegos”.

O responsable socialista esixiu a Feijóo “unha reflexión sobre a continuidade de membros e altos cargos” dun goberno que suma xa 13 condenados ou imputados que “prexudican a nosa imaxe e atentan contra a confianza fundamental para a recuperación económica”. Losada citou os altos cargos condenados e imputados dous anos despois de que Feijóo apartara ao seu cabeza de lista de Ourense por irregularidades fiscais.

Sinalou que daquela o actual presidente da Xunta dixera que “a situación pode ser legal pero non representa á rexeneración democrática que necesita Galicia”. Dous anos despois a directora xeral de Traballo e o delegado de Ourense están condenados e hai un “rosario de imputados” nas consellerías de Presidencia, Traballo e Territorio, en Portos de Galicia, Sogama, Igape, e os alcaldes e concelleiros do PP vinculados á Operación Orquestra.

Engadiu que esta situación conclúe co informe sobre a certificación en falso da obra de circunvalación en Salvaterra polo conselleiro de Territorio que denunciaron os socialistas e que hoxe o fiscal do Tribunal Supremo ratifica. Neste informe, sinalou Losada, constátase a existencia dun delito de falsidade en documento público e considera que o “erro xurídico da resolución impugnada –do TSXG- é moi claro”.

Deputación Permanente

O portavoz socialista presentou hoxe a solicitude de Deputación Permanente para que o Parlamento convoque un Pleno extraordinario coa comparecencia do presidente da Xunta de Galicia para dar conta das medidas para loitar contra a crise económico – social en Galicia e paliar o desemprego. Tamén pediu a comparecencia do conselleiro do Medio Rural pola falla de medidas preventivas e medios da Xunta contra os incendios forestais.

Esta iniciativa súmase á solicitude dos socialistas galegos de habilitar o mes de xullo para que o Parlamento continúe coa tramitación lexislativa e lembrou tamén que en xullo de 2008 o propio Feijóo pedía habilitar este mesmo mes porque “a crise segue activa en vacacións”.

Así o dixo logo de afearlle a Feijóo o seu “escapismo” xa que a Xunta non compareceu “nin unha soa vez” das 48 que pediron os socialistas dende o pasado mes de xaneiro sobre a reactivación económica e a creación de emprego e a defensa dos servizos públicos. Dixo que o Executivo limitouse a facer do Parlamento “unha segunda sala de prensa de San Caetano para facer oposición ao Goberno de España”.

Comparecencias publicitarias

Criticou que teña feito 14 comparecencias “publicitarias” mentres continúa a aumentar o desemprego, a licitación de obra pública cae mais do 40 por cento e o endebedamento de Galicia aumentou un 57 por cento -2.253 millóns de euros- dende a chegada de Feijóo á Xunta de Galicia. Mentres, o índice de produción industrial tivo en Galicia o terceiro peor resultado do Estado, caendo un 2,8 por cento mentres a media de España aumenta un 0,8.

Losada criticou que o presidente da Xunta se limite a empregar as preguntas do líder da oposición, Pachi Vázquez, para “interpelar ao secretario xeral do PSdeG-PSOE como si a Xunta fora a oposición no Congreso dos Deputados”. Explicou que mentres a Xunta négase a dar explicacións sobre a política económica e social, os socialistas presentaron neste período de sesións un total de 12.691 iniciativas nese sentido.

Agochar a incompetencia

Losada criticou que a Xunta acudira onte ao Consello de Política Fiscal e Financeira coa intención de “agochar a incompetencia da súa xestión e promocionar a carreira política de Feijóo en Madrid”. Así o dixo logo de cualificar de “política – espectáculo” a defensa dun aumento de fondos por parte da Xunta que “nin estaban nin se lle esperaban” xa que non foron incluídos nos orzamentos e tampouco foron explicados no Parlamento.

Acusou ao presidente da Xunta de pedir estes fondos adicionais para buscar unha “coartada para reducir os servizos públicos” e dixo que é “rotundamente falso que haxa que reducir centros de saúde ou escolas públicas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar