Losada denuncia que “o PP volve traizoar a Galicia” coa alta velocidade ferroviaria

Losada denuncia que “o PP volve traizoar a Galicia” coa alta velocidade ferroviaria

Losada denuncia que “o PP volve traizoar a Galicia” coa alta velocidade ferroviaria

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, denunciou hoxe que “o PP volve traizoar a Galicia” coa alta velocidade ferroviaria. Acusounos de “antepor a estratexia partidaria contra os intereses económicos de Galicia” e lamento o “vergoñento silencio cómplice” de Feijóo que hai un mes esixía o 2015 como “prazo inescusable” e agora “confórmase co 2018 ou máis” de Rajoy.

Salientou a “desconfianza e inquedanza” que suscita a “incapacidade de Rajoy de comprometer unha data concreta de finalización da obra” en contra das “peticións insistentes” que realizou o PP dende a oposición e que remataron “exactamente o 20 de novembro”, día das eleccións xerais.

Dixo que isto fai “aínda máis rechamante” a “complacencia” amosada agora por Feijóo e o PP galego con relación ás infraestruturas ferroviarias, e criticou que “os que onte esixían o cumprimento inescusable e puntual do 2015 como data límite hoxe son capaces de conformarse cun “2018 ou máis”.

Asunto menor

Losada lembrou que o PP “cando gobernou en España sempre considerou o déficit de infraestruturas de transporte de Galicia con España como un asunto menor”, e lembrou que Aznar “condenaba a Galicia cun tren de alta velocidade de segunda, máis lento, con ancho de vía incompatible coa UE e mesmo de vía única nalgúns tramos”.

Engadiu que “logo do impulso e mellora por parte do Goberno de Zapatero e do ministro Blanco ao AVE galego, a volta do PP á Moncloa volve traernos aos galegos e ás galegas as dúbidas razoables sobre o seu compromiso coas infraestruturas de comunicación en Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar