Losada denuncia no senado o copagamento sanitario aos pensionistas galegos

Losada denuncia no senado o copagamento sanitario aos pensionistas galegos

Losada denuncia no senado o copagamento sanitario aos pensionistas galegos

O senador socialista pola Coruña, Javier Losada, criticou esta tarde o copagamento que sofren os pensionistas galegos e asegurou que "o PP está a fracturar o sistema terapéutico do país". Losada interveu durante a sesión de control parlamentario da Cámara Alta e preguntou á Ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ana Mato, polo impacto socioeconómico e sanitario da posta en funcionamento do novo catálogo de medicamentos e a introdución do copagamento, nos pensionistas galegos.

O parlamentario do PSOE asegurou que "a Ministra ten dificultades para recoñecer o que acontece ao seu arredor, o que lle acontece ao 29% da poboación galega, a máis de 732.000 galegos cuxa pensión media é inferior a 680 euros,". Neste sentido, invitou o titular da carteira de Sanidade a baixar do coche oficial e achegarse a unha farmacia e ver o que está a pasar coas receitas e a súa adquisición por enfermos pensionistas. Diranlle, puntualizou, que xa se detectaba dende hai meses como os pensionistas non podían seguir a totalidade das prescricións e que o seu decretazo o agudizou,".

A continuación, subliñou que "o seu medicamentazo e o seu repagamento farmacéutico é algo dobremente indignante xa que os pensionistas galegos enfermos están menos protexidos na súa saúde e ademais actúan como prestadores de diñeiro ao Estado".

Javier Losada recordou que o presidente da Xunta dixo hai catro días que grazas ao seu catalogo aforraba 11 millóns de euros ao mes, que agora pagan os pensionistas e o resto dos cidadáns. Por iso, denunciou que "propiciaron que os pensionistas con pensións inferiores a 600 euros teñan que pagar pola totalidade dos seus medicamentos máis comúns".
Por outra parte, Losada corrixiu á Ministra sinalando "os medicamentos non teñen escaso valor terapéutico, téñeno ou non o teñen. O que non teñen son esas cousas naturais que coa súa lixeireza habitual, nos di e non vou entrar en se imos poñer de moda o anís estrelado, a macela, a auga milagrosa ou o sa, sanda porque estamos a falar de cousas moi serias".

O senador galego explicou que "non" hai síntomas leves nin patoloxías menores. Hai alteracións de saúde que se deben tratar se ou non. E se se tratan, non pode haber medicamentos de primeira ou segunda, enfermos de primeira ou segunda. Os que o poden pagar, que o fagan, e os pensionistas que, non que se aguanten. Hai medicamentos de uso común porque por sorte, a maioría dos procesos patolóxicos son de tipo común e leves que deben tratarse con dous conceptos hipocráticos: previr as consecuencias e eliminar os síntomas".

Neste punto preguntouse se os maiores teñen que aguantar hipersecrecións bronquiais, se teñen que aguantar dores articulares, cólicas, diarreas ou as úlceras corneais porque non poidan usar bágoas artificiais.

Por todo iso, Javier Losada criticou duramente que os pensionistas teñan que repagar o medicamento para poder usalo ademais de pagar os seus impostos. Están a fracturar un sistema terapéutico nun país moderno, están a alterar as complicacións de saúde dos mais vulnerables. Fixérono sen impacto económico, cos médicos en contra, sen avaliar os efectos sociais e penalizando aos mais vulnerables, a 725.000 pensionistas galegos" concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar