Losada denuncia a "fuxida cara a ningures" de Feijóo e Mato cando 71.800 fogares teñen a todos os membros en paro

Losada denuncia a "fuxida cara a ningures" de Feijóo e Mato cando 71.800 fogares teñen a todos os membros en paro

Losada denuncia a "fuxida cara a ningures" de Feijóo e Mato cando 71.800 fogares teñen a todos os membros en paro

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, denunciou hoxe a “fuxida cara ningures” de Feijóo e a súa conselleira de Traballo e Benestar cando 71.800 fogares en Galicia teñen a tódolos seus membros en paro. Así o dixo logo de coñecer as novas cifras de parados, que continúan aumentando nesta autonomía ata os 240.400, segundo os datos da EPA.

Losada advertiu que o presidente da Xunta e a conselleira responsable das políticas de emprego permanezan “desaparecidos” e “sen presentar a primeira medida minimamente eficaz para loitar contra un drama que cada día afecta a máis galegos e galegas”. Sinalou que os fogares con tódolos membros en paro aumentaron un 10,46 en tres meses, un 15,99 nun ano e un 45,64 nos últimos dous anos.

Dixo que “lamentablemente continuamos na senda da incapacidade do Goberno galego”, cun presidente que ata o próximo Pleno, o 14 de febreiro, sumará 54 días sen presentarse polo Parlamento e unha conselleira de Traballo e Benestar que non da conta na Cámara das políticas de emprego dende a presentación dos orzamentos para 2012 mentres o paro segue a medrar mais que no resto do Estado.

Coherente

Amosou a súa impaciencia por comprobar “si Feijóo será coherente co seu discurso como oposición –no que responsabilizaba do paro á Xunta- e asumirá as súas responsabilidades ou co seu discurso como presidente e responsabilizará ao goberno de Rajoy”. O que constatou é que “mantense coherente coa súa liña de inacción e de impedir un Pleno extraordinario para avaliar a situación económica de Galicia”.

Criticou que o presidente da Xunta “demóstrase unicamente competente para acadar de cada volta o maior número de parados da historia de Galicia”, xa que no último ano o paro aumentou en 36.900 persoas, un 18,13 por cento fronte ao 12,29 por cento do Estado.

Explicou que os datos do último trimestre do ano revelan que Feijóo sumou 13.800 parados mais que no trimestre anterior e 77.600 máis que o día que tomou posesión en 2009, xa que daquela Galicia tiña un 12,2 por cento de paro e hoxe aumentou ata o 18,3 por cento, aumentando un 50 por cento, mentres en España aumentou un 31,6 por cento.

Subliñou que a falla de actuación do goberno de Feijóo provocou que a poboación ocupada se teña reducido en 95.600 persoas dende 2009, cun descenso do 8 por cento, perdendo 14.100 persoas ocupadas con relación ao trimestre anterior e 20.200 respecto a fai un ano.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar