Losada demanda medidas á Xunta para que os cidadáns non teñan que asumir as “constantes e abusivas” subas na factura eléctrica

Losada demanda medidas á Xunta para que os cidadáns non teñan que asumir as “constantes e abusivas” subas na factura eléctrica

Losada demanda medidas á Xunta para que os cidadáns non teñan que asumir as “constantes e abusivas” subas na factura eléctrica

“O Goberno galego presenta anuncios propagandísticas como o cheque enerxético e social ou a súa intención de rebaixar o prezo dos combustibles”, asegurou Abel Losada

O portavoz de Industria do PSdeG no Parlamento, Abel Losada, presentou hoxe no pleno da Cámara unha proposición non de Lei, rexeitada polo PP, no que demandaba ao Goberno galego medidas de protección aos cidadáns diante dos novos sistemas de tarifa eléctrica, que provocan “constantes e abusivas” subas nos recibos.

Losada lembrou que o Real Decreto 413/2014, publicado onte no BOE, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes de enerxía renovables, toma como referencia lexislacións aprobadas polo PP no Goberno central nos anos 1997, 1998 e 2002. “A burbulla enerxética naceu co Partido Popular, como pasou coa inmobiliaria, a financeira e outros feitos como a privatización de Endesa”, afirmou o deputado socialista.

“Temos un problema enerxético neste país, e mentres Merkel aposta polas renovables e pecha as nucleares en Alemania, España amplía a vida útil das nucleares e carga aos consumidores os continuos incrementos de tarifas”, apuntou Losada, que explicou que “os beneficios das grandes eléctricas foron de 36000 millóns nos últimos anos, por circunstancias que non teñen nada que ver co déficit enerxético, pero as tarifas medran entre un 7 e un 8% cada ano”.

Os socialistas consideran anuncios propagandísticos o cheque enerxético e social ou a intención da Xunta de reducir o prezo dos combustibles en Galicia. Losada considera que “a competencia entre empresas debería conducir a unha rebaixa do recibo, pero por agora non pode afirmarse que fose así; polo momento, e a consecuencia das últimas decisións do Ministerio de Industria, neste momento é imposible comprobar se calquera das ofertas que fan as eléctricas supón un aforro efectivo en relación á tarifa regulada polo propio Goberno”.

“Non hai transparencia e os prezos soben nun contexto de caída de demanda; vostedes non queren falar de pobreza e desigualdade, as empresas enerxéticas seguen aumentando os seus beneficios e os cidadáns non poden asumir os custos das facturas”, engadiu Losada.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar