Losada cualifica o Plan Eólico de Feijóo de “fiasco histórico”

Losada cualifica o Plan Eólico de Feijóo de “fiasco histórico”

Losada cualifica o Plan Eólico de Feijóo de “fiasco histórico”

Abel Losada reclámalle a Feijóo que defenda ás eólicas galegas presentando un recurso de inconstitucionalidade contra a supresión retroactiva das primas ás renovables que prexudica a Galicia a favor das grandes enerxéticas

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo hoxe que o Plan Eólico de Feijóo supuxo “o maior fiasco da historia industrial recente de Galicia”. Así o dixo nunha Interpelación no Pleno do Parlamento na que lle reclamou á Xunta que “explique como vai solucionar” a paralización do anterior plan eólico, que deixou ás empresas galegas sen primas do goberno.

O responsable socialista reclamoulle a Feijóo que defenda os intereses económicos e industriais de Galicia e polo tanto a produción da enerxía eólica presentando un recurso de inconstitucionalidade contra a norma do goberno central que prexudica ás enerxías renovables en favor das grandes enerxéticas tradicionais. Losada dixo que “os intereses de Galicia non se defenden en almorzos informativos no Ritz, deféndense nos tribunais”.

O parlamentario socialista advertiu que a eliminación das primas ás enerxías renovables pechou a porta á industria eólica galega logo de que Feijóo decidira anular o decreto eólico aprobado polo goberno socialista por “ideoloxía e negocio”. Explicou que ao anular o concurso precisamente para intentar beneficiar a determinadas empresas a conclusión foi que sumiu ao sector eólico nunha fonda crise.

Explicou que dende a paralización do decreto eólico a realidade é que Galicia perdeu 5 puntos en xeración de enerxía eólica, dende o 19 ao 14 por cento do Estado, pasando de ser a segunda Comunidade Autónoma a ocupar o quinto lugar en produción eléctrica, coa conseguinte perda de oportunidades de negocio e emprego industrial.

Losada dixo que estes son os datos do “fiasco histórico” de Feijóo, que prometera 14.000 empregos e 6.000 millóns de euros de inversións para o sector co novo concurso, que se traduciron en que catro anos despois tan só foran quen de aprobar os tres primeiros parques no ano 2014.

Mentres, dixo, as grandes enerxéticas, Iberdrola, Endesa e Gas Natural – Unión Fenosa, gañaron en 2013 6.000 millóns de euros de beneficios mentres o goberno impide o desenvolvemento das renovables, nomeadamente das eólicas. Así o evidencia o informe enviado polo Goberno á Comisión Nacional de Mercados e Competencia, que enceta un “ataque frontal” ao provocar que as eólicas soporten o 70 por cento do recorte con só o 25 por cento das primas.

Acusou ao PP de ter “inventado” o déficit de tarifa para consagrar os beneficios destas grandes empresas que o único que queren é sacar o máximo beneficio dunhas centrais nucleares ou instalacións hidroeléctricas que “xa están mais que amortizadas”, impedindo a competencia das enerxías renovables coa complicidade do PP en Madrid e Galicia.

Alemaña

Losada acusou ao goberno galego de permitir un incremento das tarifas dos usuarios para disparar as contas de resultados das empresas culpando ás renovables. Dixo que “non é culpa das renovables, é do sistema que vostedes non modificaron”, e puxo como exemplo o caso de Alemaña, onde conxelaron os programas de enerxía nuclear e potencian ás renovables coa enerxía un 33 por cento mais barata que en España.

Acusou ao PP de “estarnos enganando” e dixo que “non queren copiar o modelo de Alemaña porque defenden os intereses das grandes enerxéticas” e beneficiando a unhas empresas que xa teñen as centrais hidroeléctricas e nucleares amortizadas “e entran nos pulls de prezo cos prezos de produción mais altos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar