Losada critica o "rodillo" do PP ao impedir o debate da Lei de Reforma da Función Pública

Losada critica o "rodillo" do PP ao impedir o debate da Lei de Reforma da Función Pública

Losada critica o "rodillo" do PP ao impedir o debate da Lei de Reforma da Función Pública

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, denunciou o “rodillo” do PP e acusounos de “talante autoritario e falla de respecto democrático" ao presentar a reforma da Función Pública polo procedemento de lectura única, trámite de urxencia e sen o informe preceptivo do CES. Así o dixo logo da reunión da Xunta de Portavoces que acordou a orde do día do próximo Pleno.

O responsable socialista criticou tanto a forma como o fondo desta reforma, impedindo a presentación de emendas parciais e limitando o debate sobre esta “coartada ideolóxica para debilitar os servizos públicos e prexudicar a calidade abrindo portas a procesos privatizadores”. Losada sinalou que estas medidas son “arbitrarias e afectan directamente á calidade dun servizo que reciben o conxunto dos cidadáns”.

Acusou a Feijóo e ao PP de utilizar el Parlamento como “axente político ao servizo dun partido e non do conxunto da cidadanía” cunha proposta que reduce os dereitos laborais e as condicións de traballo dos funcionarios, prexudicando a atención aos cidadáns. Negou que busquen o aforro, xa que o propio Feijóo votou en contra dunha proposta socialista para aforrar 130 millóns de euros no funcionamento da administración.

Adiantou tamén que o presidente do Grupo, Pachi Vázquez, empregará a sesión de control do próximo Pleno para preguntarlle a Feijóo pola diminución da calidade dos servizos públicos que presta a Xunta.

Comisión de Investigación

O responsable socialista criticou tamén que o PP teña “literalmente torpedeado” os dereitos do Grupo Socialista ao rexeitar de novo a incorporación á orde do día do Pleno da proposta de Comisión de Investigación sobre as caixas. Dixo que esta negativa “constitúe unha decisión política do PP que responde aos intereses do PP e o Goberno galego”.

Lembrou que os socialistas galegos contan con maioría suficiente para presentar esta iniciativa e solicitar a súa incorporación no Pleno, e dixo que, en contra do que afirma o portavoz do PP, esta non interfire no proceso de capitalización das caixas. Explicou que os socialistas queren investigar “o papel da Xunta como regulador e as indemnizacións aos directivos”, tanto si foron devoltas como en qué situación se atopan.

Losada advertiu que o PP volveu impedir a comparecencia do presidente da Xunta solicitada polos socialistas galegos para dar conta da situación económica de Galicia, e preguntou si Feijóo “se vai dedicar agora a gobernar logo de que no congreso de Sevilla se demostrara que xa non está tan de moda pola súa pésima xestión”.

O PP tamén rexeitou a comparecencia do conselleiro de Economía para dar conta da suspensión das primas renovables e o parlamentario socialista botou de menos tamén a comparecencia da conselleira de Facenda para “explicar os recortes” impostos polo goberno galego.

Os socialistas galegos levarán ao próximo Pleno dúas mocións sobre a situación económica xeral e para que o Executivo realice un “exercicio de transparencia” diante das irregularidades rexistradas no Igape. Tamén serán debatidas unha Proposición non de Lei sobre a transferencia de fondos de emprego aos concellos e dúas preguntas sobre os efectos da reforma laboral en Galicia e a competitividade das explotacións leiteiras.

O portavoz socialista explicou que o próximo Pleno incluirá unha interpelación sobre a supresión das primas ás renovables, que cualificou de “bluff” do goberno galego xa que “tendemos á nada” logo do decreto do Goberno central. Losada reclamou a Feijóo que “sexa tan dilixente presentando un recurso contra este decreto como o foi con outros recursos cando gobernaba o PSOE”.

Servizos públicos

O portavoz do Grupo Socialista anunciou tamén que o próximo Pleno incluirá tamén unha interpelación dirixida á conselleira de Sanidade diante da “inmoralidade” que supón a redución da calidade da sanidade pública por parte da Xunta, que acaba provocando cidadáns “de primeira” e cidadáns “de segunda” nunha cuestión tan sensible como é a saúde.

Tamén presentarán unha Proposición non de Lei con motivo do Día da Muller Traballadora e para a posta en marcha do IV Plan Galego da Igualdade de Homes e Mulleres, malia a “escasa receptividade” por parte do PP ás políticas de igualdade. Explicou que presentarán tamén unha pregunta oral para que a Xunta dea conta pola privatización de garderías e escolas infantís.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar