Losada critica a hipocresía de Rajoy ao tentar enganar aos galegos sobre o AVE

Losada critica a hipocresía de Rajoy ao tentar enganar aos galegos sobre o AVE

Losada critica a hipocresía de Rajoy ao tentar enganar aos galegos sobre o AVE

O portavoz do grupo parlamentario dos socialistas galegos, Abel Losada, criticou hoxe a hipocresía de Rajoy respecto ao AVE en Galicia, e lamentou que “tente enganar aos galegos coas declaracións realizadas hoxe, nas que afirma o contrario do que dixo en pasados días en Portugal”.

Losada lembra que Rajoy afirmou en Portugal que en caso de gobernar paralizaría as conexións do AVE con Galicia e Extremadura e sinal que “agora ven a Galicia a tentar enganar aos galegos e galegas decindo xusto o contrario”. “O único AVE real de Rajoy é o que nunca chegaría a Galicia, o AVE paralizado”, apuntou.

Losada dixo que o único AVE real é o que está en execución, e que grazas ao investimento realizado polo Goberno socialista poderá poñerse en servizo o vindeiro decembro. “A única realidade é a do AVE cuxas obras de entrada a Galicia se están licitando neste momento, con velocidades superiores aos 300 km por hora, non o que deixou planificado o goberno do PP, do que formaba parte Rajoy, que non pasaba de 200”.

“Dacordo co plan deseñado polo goberno do PP, Galicia non tería un tren de alta velocidade”, remachou Losada, á vez que insistiu en que o único real é o investimento realizado polo goberno socialista, xa que durante o goberno do PP executouse obra no ferrocarril galego por 582 millóns de euros, mentres que o Goberno socialista, en menos tempo, executou 3.700 millóns de euros, seis veces máis.

Salientou tamén que entre 1996 e o 2004, o Goberno do PP licitou obra no ferrocarril galego por 1.710 millóns de euros, mentres que o Goberno socialista, en menos tempo, dende 2004 ata hoxe, licitou por valor de 4.500 millóns, tres veces máis.

Losada lembrou que “Rajoy xa tivo oportunidade de traballar por Galicia na súa etapa de ministro e non o fixo. O único que se recorda de Rajoy nesa etapa é a campaña emprendida para disimular a catástrofe do Prestige”.

“Os galegos e galegas xa saben que o único compromiso que Rajoy é capaz de asumir con Galicia é o de vir a descansar en verán á nosa comunidade”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar