Losada considera o personamento da Xunta pola operación “Campión” unha “manobra de distracción”

Losada considera o personamento da Xunta pola operación “Campión” unha “manobra de distracción”

Losada considera o personamento da Xunta pola operación “Campión” unha “manobra de distracción”

Santiago de Compostela, 26 de maio de 11. O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, cualificou de “torpe manobra de distracción para confundir á poboación e aos medios de comunicación” o anuncio do presidente da Xunta sobre o posible personamento da Xunta por mor da “operación Campión” pola que foron detidos o director e mailo subdirector do Igape.

O responsable socialista lamenta que o Executivo opte unha vez mais por presentarse como vítima en lugar de dar unha explicación coherente sobre a posible implicación do Igape na operación xudicial.

Advirte que o presidente do executivo autonómico amósase como un alumno aplicado que segue punto por punto a estratexia do PP cando se personou no Gürtel, e lamenta que o seu anuncio “semella mais ben un exercizo de psicoanálise que de transparencia e da verdadeira defensa do que son os intereses dos galegos e galegas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar