Losada esixe a intervención da Xunta no conflito laboral de Povisa

Losada esixe a intervención da Xunta no conflito laboral de Povisa

Losada esixe a intervención da Xunta no conflito laboral de Povisa

 

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, ven de esixir á Xunta que non permaneza impasible e cumpra coa súa obriga de ofrecer unha resposta ás traballadoras e traballadores do hospital POVISA de Vigo, en folga indefinida polo bloqueo da negociación do convenio colectivo.

O deputado do PSdeG salienta que, na situación de POVISA concorren dúas circunstancias ás que ten que dar resposta o Executivo de Feijóo, a perda de dereitos laborais do persoal e a garantía de que calidade asistencial non chegue a verse afectada durante este proceso de negociación do convenio colectivo.

Losada insta á Xunta a “negociar coa empresa e os traballadores para restablecer a normalidade laboral no centro hospitalario”, denuncia a pasividade do departamento de Rocío Mosquera, “non se pode dar a calada por resposta” a un problema que afecta a un centro que ten adscritos a máis de 140.000 usuarios.

O portavoz  socialista desconfía que o silencio da Administración autonómica e a “escasa vontade” por resolver o conflito laboral de POVISA se deba “a un achegamento cara outros intereses empresariais”. Abel Losada esixe a Mosquera que explique “a que intereses económicos privados pode beneficiar” esta estratexia de acoso a POVISA por parte da Xunta.

O parlamentario manifestou a preocupación dos socialistas pola situación sanitaria  de Vigo e recriminou a Feijóo o desleixo da Xunta por esta área sanitaria, a única que ten un hospital privado como referencia e que soporta listas de espera moi superiores á media da Comunidade Autónoma.

Losada censurou que “se estea a construír un hospital privado con fondos públicos”  a través do ICO (Instituto de Crédito Oficial) e do BEI (Banco Europeo de Investimentos), e que “vai supoñer enormes beneficios empresariais privados”.

Losada anunciou que o seu grupo rexistrou iniciativas en apoio das reivindicacións laborais do persoal de POVISA e instando ao Goberno galego a mediar para unha rápida solución da negociación do seu convenio. Reclaman tamén medidas para garantir e mellorar a calidade asistencial na área sanitaria viguesa.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar