As protestas demostran que Galicia rexeita unha reforma que beneficia aos empresarios e aos intereses privados

As protestas demostran que Galicia rexeita unha reforma que beneficia aos empresarios e aos intereses privados

As protestas demostran que Galicia rexeita unha reforma que beneficia aos empresarios e aos intereses privados

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, sinalou que as protestas de onte demostran que toda Galicia “rexeita unha reforma laboral que beneficia aos empresarios e os intereses privados fronte ao interese público e ao conxunto da poboación”. Reclamou a Feijóo e ao PP que se unan ao “clamor social de Galicia en contra dun mal decreto que ademais é inxusto e insolidario”.

O responsable socialista acusou ao PP de “tratar unha vez máis de enganar aos cidadáns identificando os intereses de España cos da CEOE”, xa que “detrás desta reforma laboral agóchanse unhas opcións económicas e ideolóxicas moi definidas”. Estas, explicou, “utilizan a crise e a difícil situación do mercado laboral español para levar adiante liñas de actuación política que claramente agocharon aos cidadáns durante a campaña electoral”.

Advertiu que esta reforma laboral “o que vai facer é maximizar os beneficios empresariais”, e reclamoulle ao PP que “nos digan cales son os sacrificios que se lle piden aos empresarios e cales os cambios que van afectar aos beneficios empresariais”. Dixo que, lonxe das mensaxes que ofrecen Génova e Feijóo, suporá un “cambio produtivo que vai facer que a economía española compita vía salarios baixos e non vía innovación”.

Explicou que “a rebaixa do salario mínimo, unido ao despedimento máis fácil e barato e ao incremento da inseguridade laboral para os traballadores, claramente contraposto cuns recortes drásticos en I+D+i, afástanos de Suecia e nos achega a Tailandia”. Advertiu que “os beneficios empresariais son maiores en Tailandia que en Suecia, e é a situación económica, social e laboral dos traballadores o que diferenza a uns países de outros”.

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia sinala que “dentro da opción económica e ideolóxica defendida e executada polo PP, os ataques aos servizos públicos e aos traballadores da administración -incluíndo aos sanitarios e persoal docente- vai na liña de recortar e baixar a calidade dos servizos públicos para ofrecer unha nova e suculenta oportunidade económica para os servizos privados”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar