Losada advirte que Feijoo non ten competencias para modificar o IBI

Losada advirte que Feijoo non ten competencias para modificar o IBI

Losada advirte que Feijoo non ten competencias para modificar o IBI

O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista Abel Losada dixo hoxe que a proposta do Presidente da Xunta para rebaixar o IBI, so ten como ten obxectivo “agochar as súas miserias e a súa incompetencia con fume mediatico, falso e irresponsable”.

Losada advirte que o Goberno de Núñez Feijoo non ten a mais mínima capacidade “para modificar a estructura dos impostos de Bens e Inmobles”, xa que lembra estas competencias “corresponden a distintos niveis do goberno Central e os gobernos Locais”, resumiu.

Afirma que o Presidente Feijoo “ten que coñecer e respectar as competencias das distintas administracións”. Argumenta que se trata dunha Lei do Estado “que é o único competente para modificala, e os Concellos dispoñen duns tramos que tamén poden modificar”. E replicou “as CCAA non teñen competencia, infórmese Señor Feijoo”.

O dirixente socialista afirma que Feijoo “quere desviar a atención do que esta sendo unha xestión forestal do seu Goberno absolutamente nefasta”, espetou. Asevera que o Goberno do PP esta “abandonando a valorización económica do monte, deixándoo absolutamente desprotexido ante a vaga de lumes”, dixo.

Con estes argumentos lembra a rendición do Goberno de Feijoo a hora de promocionar a economía do sector primario, e alude a unhas declaracións do Conselleiro de Medio Rural, recen nomeado nas que asegurou que o mercado é que ten que dirixir e valorizar a economía do propio sector. Asegura que esa rendición Feijoo “intenta disfrazala cun traslado de responsabilidades publicas ao ámbito privado”.

E concluíu “esta é a única receita da dereita, menos Estado, menos Administración é o resultado é a selva”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar