Losada acusa ao PP e a Xunta de provocar a "voladura controlada" da Área Metropolitana de Vigo

Losada acusa ao PP e a Xunta de provocar a "voladura controlada" da Área Metropolitana de Vigo

Losada acusa ao PP e a Xunta de provocar a "voladura controlada" da Área Metropolitana de Vigo

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou á Xunta e ao PP de “provocar a voladura controlada” da Área Metropolitana de Vigo coa Lei -que comezou o seu debate hoxe no Parlamento- como “organismo ao servizo de intereses persoais e partidistas”. Explicou o rexeitamento dos socialistas ao texto no debate de totalidade polos cambios provocados polas emendas do PP durante o debate parlamentario.

O parlamentario socialista acusou hoxe ao PP de “romper coas mínimas regras de xogo” ao cambiar o texto orixinalmente presentado polo Goberno galego para intentar “unha artimaña” para “gobernar a Vigo e aos vigueses” e ter unha cidade “submisa e controlada”. En opinión de Losada, o obxectivo é facer “unha segunda deputación” logo dos malos resultados acadados nas eleccións municipais, nas que perderon 5.000 votos.

Losada dixo que “Área de Vigo si, pero non para solucionar os problemas do PP” e provocar “unha nova afrenta á cidade de Vigo, que xa ten un alcalde lexitimamente elixido por maioría absoluta con 14 votos de 27 na Corporación Municipal”. Acusounos así de “abortar a Área Metropolitana como órgano de goberno eficaz” que “leva implícita a súa sentencia de morte xa antes de nacer”.

Dixo que o presidente do ente debe ser o alcalde ou alcaldesa de Vigo por motivos de funcionalidade, gobernanza, representatividade e relación coas institucións, xa que é quen goberna ao 62 por cento da poboación da Área. Lembrou que “os socialistas mantivemos esta posición antes de saber quén gañaría as eleccións municipais, mentres o PP busca un dique de desguace para políticos”.

Engadiu que “o Rueda secretario xeral do PP claramente gañou a partida ao Rueda conselleiro de Presidencia”, mentres “Louzán consegue o que perseguía dende o principio: que o ente non se poña en funcionamento” e o portavoz do PP na cidade, Chema Figueroa “tenta obter unha plataforma dende onde combater ao alcalde de Vigo”.

Emendas do PP

O responsable socialista criticou especialmente as emendas do PP que permiten que un concelleiro de calquera concello membro, mesmo na oposición, poida ser o presidente do ente, mentres outra substitúe na Xunta de Goberno aos alcaldes dos concellos da Área Metropolitana por concelleiros elixidos, mesmo da oposición. Esta situación “atenta contra a gobernanza da Área e vai en contra da Lei de Grandes Cidades”.

Explicou que estas emendas supoñen un “cambio de postura sen sentido con respecto á presidencia da Área Metropolitana, en contra do que defendeu o PP nos últimos seis anos”, e lembrou que o PP de Cataluña defendeu que a presidencia “debera ostentala o alcalde de Barcelona, independentemente da súa cor política” e no caso de Oporto a presidencia tamén recae sobre o alcalde da cidade.

Dixo que estas emendas “supoñen que calquera concelleiro, mesmo da oposición, pode presidir a Área Metropolitana, co que alguén que non está nun grupo de Goberno vai gobernar aos que si o están”. Esta situación supón o “ninguneo aos alcaldes e alcaldesas en función de estratexias políticas postelectorais” rachando co consenso acadado en 2005 sobre a representatividade dos órganos.

Advertiu que os alcaldes non participarán nos órganos de goberno, rachando coa “pretendida representatividade e transparencia”, xa que a Xunta de Goberno “sempre foi concibida como un órgano de goberno composto por alcaldes, e incluso os seus vicepresidentes tiñan que ostentar tal condición en tódolos textos propostos ata agora polo PP”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar