Losada acusa ao PP de bloquear o Parlamento impedindo o debate dunha comisión de investigación sobre as caixas

Losada acusa ao PP de bloquear o Parlamento impedindo o debate dunha comisión de investigación sobre as caixas

Losada acusa ao PP de bloquear o Parlamento impedindo o debate dunha comisión de investigación sobre as caixas

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, denunciou hoxe o bloqueo por parte do PP a unha iniciativa socialista para a creación dunha Comisión de Investigación sobre as caixas. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces na que o PP impediu o debate desta iniciativa, malia que contaba coa maioría requirida para incorporala na orde do día.

O responsable socialista acusou ao PP de establecer un “control político absolutamente intolerable en termos de calidade democrática” ao restrinxir a liberdade do Grupo parlamentario para configurar a orde do día do Pleno. Denunciou que esta decisión “responde á única estratexia de reducir o debate e o espazo democrático mentres o único que incrementan é a publicidade e a propaganda”.

Losada lembrou que esta Comisión si que foi incluída e debatida en Pleno en outubro, malia que fora rexeitada polo PP emprazando a un novo debate en decembro. Preguntou así “qué cambiou, qué teñen que agochar agora para que se debatera en outubro e non en febreiro” e mesmo suxeriu que están esperando a que “non haxa ninguén a quen pedir responsabilidades” ou a que o sistema financeiro teña “desaparecido definitivamente”.

O portavoz socialista uniu esta negativa ao rexeitamento, tamén hoxe, ás comparecencias de Feijóo no Parlamento para facer unha avaliación da situación económica e do paro en Galicia, así como sobre as consecuencias para Galicia da suba de impostos decretada por Rajoy. Denunciou así a “desaparición política do presidente da Xunta”, que estará 54 días sen presentarse no Parlamento de Galicia en plena crise económica.

Malia a estratexia do PP, os socialistas galegos levarán a ausencia de política económica do Goberno galego ao próximo Pleno a través de dúas interpelacións sobre a situación económica de Galicia e as irregularidades no financiamento de empresas a través do Igape. Reclama á Xunta que “dea a cara” diante da desconfianza xerada polos “elementos turbios e pouco claros do Igape”.

Tamén será debatida unha pregunta oral sobre a situación da Factoría Naval de Marín, que ven de presentar un ERE extintivo malia ter recibido axudas do Igape, e unha proposición non de Lei sobre a indefensión dos consumidores afectados pola compra de participacións preferentes das caixas de aforros.

Copago

O presidente do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Pachi Vázquez, preguntará a Feijóo, na sesión de control do próximo Pleno, polo mantemento dos servizos públicos básicos en Galicia. Losada explicou que o presidente do Goberno deberá “despexar dúbidas sobre a introdución do copago” nos servizos públicos básicos universais.

Os socialistas tamén incluirán no próximo Pleno unha proposición non de Lei sobre o financiamento do gasto público sanitario, unha pregunta oral sobre a estratexia do goberno galego de reducir a calidade da atención primaria para facilitar a súa privatización.

Finalmente, será debatido un proxecto de Lei para a integración das catro xestures provinciais nun único organismo, así como unha pregunta oral sobre a posición da Xunta diante da derrogación da Lei de saúde sexual e reprodutiva por parte do goberno central.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar