Losada acusa ao PP de "amordazar" ao Parlamento impedindo o debate da creación dunha Comisión de Investigación sobre as caixas

Losada acusa ao PP de "amordazar" ao Parlamento impedindo o debate da creación dunha Comisión de Investigación sobre as caixas

Losada acusa ao PP de "amordazar" ao Parlamento impedindo o debate da creación dunha Comisión de Investigación sobre as caixas

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou ao PP de “amordazar” ao Parlamento de Galicia para impedir o debate da creación dunha Comisión de Investigación sobre as caixas. Así o dixo logo de que a presidenta da Cámara “certificara o desamparo” deste grupo ao rexeitar a modificación da orde do día e que o PP votara hoxe de novo en contra de incluír este punto no Pleno, logo da solicitude dos socialistas.

Losada advirte que o PP amosa así o seu “talante antidemocrático” ao impedir o debate deste punto malia que o seu portavoz dixera en novembro que admitiría esta Comisión de Investigación a partires de decembro do ano pasado. Lembrou que o PP mesmo vulnera a súa proposta presentada na pasada lexislatura para que os grupos da oposición puideran determinar a creación de dúas comisións de investigación por cada lexislatura.

O responsable socialista lembrou que esta proposta de creación dunha Comisión de Investigación foi debatida no pasado período de sesións a petición dos socialistas, pero o PP opúxose ao incluír de novo o debate no Pleno de xeito incomprensible malia que os socialistas contan coa maioría necesaria para presentar esta iniciativa.

Esta negativa provocou a presentación dun recurso de amparo diante da presidenta da Cámara para que incluíra este debate, que foi desbotado amosando un “certificado de desamparo” para o grupo socialista. Preguntou “qué cambiou, qué teñen que agochar agora para impedir un debate que puido celebrarse con normalidade en outubro”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar