Losada acusa á Xunta e PP de provocar a fuxida dos investigadores ao estrangular o investimento en I+D+i

Losada acusa á Xunta e PP de provocar a fuxida dos investigadores ao estrangular o investimento en I+D+i

Losada acusa á Xunta e PP de provocar a fuxida dos investigadores ao estrangular o investimento en I+D+i

Abel Losada advirte dunha “estratexia económica fondamente equivocada” ao coincidir a caída do orzamento cunha “inexplicable menor execución” orzamentaria

O PP rexeita unha proposta socialista para aumentar os recursos destinados a I+D e fomentar a contratación de investigadores

O portavoz de Industria e I+D do Grupo Socialista, Abel Losada, responsabilizou hoxe ao goberno galego e ao PP de provocar a fuxida dos investigadores galegos pola drástica caída do orzamento en I+D+i, coincidindo cun descenso na execución duns fondos xa mermados. Así o dixo no debate en Comisión dunha proposición non de Lei para aumentar os fondos destinados a esta partida e fomentar a contratación de investigadores, que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista advertiu que o goberno galego segue unha “estratexia económica fondamente equivocada” que está a provocar unha “dramática perda do capital humano mellor formado”. Así, Feijóo duplicou o número de parados con estudos superiores, dende os 38.800 en 2009 aos 75.800 de 2014, e os 200 doutores no paro aumentaron ata 700, aos que obriga a tomar traballos por debaixo da súa cualificación “ou emigran”.

Esta é a consecuencia de que, con Feijóo, o orzamento destinado I+D pasara de supor o 1,04 por cento ao 0,87 por cento do PIB, ademais de que mentres en 2008 executábase mais do 80 por cento dun total de 127 millóns de euros, en 2013 tan só se executou o 75 por cento de 90 millóns de euros. De acordo co INE, mentres en España o gasto destinado a I+D+i baixou un 5,3 por cento, en Galicia diminuíu un 7,3 por cento.

Losada esixiulle “prudencia” ao PP ao “atreverse a vender que Galicia mellorou o investimento” cando o goberno galego “acadou consenso no descontento” logo de provocar que, por primeira vez na historia, unha xeración enteira de futuros investigadores galegos perdera unha convocatoria para exercer o seu labor.

Os recortes do goberno galego, dixo, supuxeron que, de acordo co informe de competitividade publicado pola UE, Galicia teña o posto 180 dun total de 262 rexións no nivel de innovación. Isto supón, explicou, que Galicia está “por debaixo do 70 por cento das rexións da Europa dos 28”.

Iniciativa
O PP rexeitou hoxe esta proposición non de Lei que pedía incrementar anualmente o orzamento destinado a I+D, empregando recursos propios, para obter un aumento de tres décimas “ata acadar o 2 por cento”. Ademais reclamaba fomentar a contratación de investigadores permitíndolle á Axencia Galega de innovación adquirir investigadores que teñan desenvolvido o proceso posdoutoral de investigación a través dos programas Parga Pondal “e semellantes”.

Pedía permitirlle tamén contratar investigadores no exterior “baixo criterios de excelencia” escollidos a través de comisións de selección integradas por investigadores de prestixio recoñecido. Estes investigadores deberían integrarse “mediante convenios estables nos equipos de investigación das universidades e os distintos organismos públicos e privados”.

Tamén solicitaba orientar á Fundación Galicia – Europa para que “ademais das súas funcións actuais, realice tarefas de captación e seguimento de fondos europeos para proxectos de investigación”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar