Losada acusa a Feijóo de paralizar a Plisan e provocar un “embrollo xurídico” que aumentará as indemnizacións pendentes de pago

Losada acusa a Feijóo de paralizar a Plisan e provocar un “embrollo xurídico” que aumentará as indemnizacións pendentes de pago

Losada acusa a Feijóo de paralizar a Plisan e provocar un “embrollo xurídico” que aumentará as indemnizacións pendentes de pago

Abel Losada lamenta a “incapacidade manifesta” dos gobernos do PP para encetar a plataforma loxística que o propio Feijóo paralizou en 2009

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou hoxe de paralizar da Plataforma Loxística Salvaterra – As Neves –Plisan- en 2009 provocando un “embrollo xurídico” que suporá un sobrecuste de 7 millóns de euros. O responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Industria sobre a “incapacidade manifesta” dos gobernos do PP para rematar a infraestrutura.

Losada lembrou que a infraestrutura contaba cun convenio autorizado polo goberno de Touriño que foi paralizado polo goberno de Feijóo, que modificou o plan orixinal e provocou unha cascada de sentenzas favorables aos veciños. Advertiu que as indemnizacións aos afectados e o pago dos dereitos mineiros poden elevar os custes ata os 7 millóns de euros.

Considera imprescindible ademais a liquidación aos propietarios dos chamados “dereitos mineiros” que existen na área de construción da Plisan, que foran recoñecidos polo goberno socialista na Xunta e paralizados por Feijóo.

Lembra que logo de ter criticado a iniciativa da Plisan cando a responsabilidade de goberno recaía nos socialistas, hoxe “móvese nun ecosistema do PP”, que goberna o Porto de Vigo e o Consorcio da Zona Franca a través do Goberno central e o Instituto Galego de Vivenda e Solo no Goberno galego.

Universo monocor

Malia este “universo monocor”, advertiu, o PP demostrouse “incapaz” de facer avanzar as obras, nunha parálise “incomprensible logo de cinco anos de goberno de Feijóo”. Sinalou que “o pouco que está feito fixérono os socialistas”, si ben en mans do PP quedou en “un erial anegado” de auga.

Losada reclamoulle ao goberno galego que acorde cos veciños afectados a retirada do seu recurso fronte ao Tribunal Supremo por ter iniciado a obra sen avaliación medioambiental estratéxica e que ten paralizadas as obras. Esixiulle ao goberno galego que avalíe as consecuencias dunha posible sentenza en contra dende o Tribunal Supremo para que acade un acordo cos afectados.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar