Losada acusa a Feijóo de “mentir” sobre as axudas concedidas a Dorribo

Losada acusa a Feijóo de “mentir” sobre as axudas concedidas a Dorribo

Losada acusa a Feijóo de “mentir” sobre as axudas concedidas a Dorribo

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, lamentou que a “desesperación” de Feijóo “por eludir as súas responsabilidades” levoulle hoxe a “mentir” sobre as axudas concedidas ao empresario imputado Dorribo. Losada reclamou de novo ao presidente da Xunta que dea conta no Parlamento da “secuencia 1-4-6: 1 xuntanza, 4 millóns de axudas e 6 imputados da Xunta”.

Losada apelou á “ética que se supón a un presidente da Xunta” e que Feijóo “vulnera un día tras outro” xa que “está disposto a mentir e enganar aos galegos e galegas no seu afán por eludir as obxectivas responsabilidades que ten na vinculación da súa administración”.

O responsable socialista dixo así que “o presidente da Xunta non pode dicir en ningún caso que a administración que preside non destinara un euro a axudas a fondo perdido á empresa de  Dorribo, Laboratorios Nupel”.

Desmentiu as declaracións feitas hoxe polo presidente da Xunta a un medio de comunicación, xa que “con data 2 de marzo de 2011, cando Feijóo levaba dous anos presidindo a Xunta de Galicia, prodúcese unha resolución do Igape concedendo a Laboratorios Asociados Nupel S.L. unha subvención a fondo perdido –non reembolsable, dirixidos ao peto do empresario- de 992.942,55 euros.

Esta resolución, que foi publicada no DOG do luns 27 de xuño de 2011 (DOG 112, páx. 16.955), constitúe, engade Losada, o complemento a un préstamo para financiar proxectos de inversión con fondos do Banco Europeo de Investimentos, concedido polo Igape a Laboratorios Asociados Nupel, S.L. no 30 de decembro de 2010 por un importe de 2.956.919 €.

Losada sinalou que “a secuencia da relación do señor Dorribo coa administración do señor Feijóo é ben clara: logo dunha xuntanza con Feijóo por mediación dun deputado do PP, a empresa obtén un crédito en condicións de financiación moi favorables fronte aos tipos de interese de mercado para realizar unha inversión”.

Sinala que, de acordo co publicado no DOG “no momento en que esta inversión estivera realizada o señor Dorribo percibiría do Igape 992.942 €”, e “soamente a entrada en escena dun proceso xudicial –a Operación Campión- e a imputación do propio empresario e de 6 altos cargos da Xunta paralizou a realización desa inversión”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar