Losada acusa a Feijóo de mentir sobre a vinculación con Dorribo e di que a Operación Campeón pasa polo seu despacho

Losada acusa a Feijóo de mentir sobre a vinculación con Dorribo e di que a Operación Campeón pasa polo seu despacho

Losada acusa a Feijóo de mentir sobre a vinculación con Dorribo e di que a Operación Campeón pasa polo seu despacho

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou ao presidente da Xunta de “mentir aos galegos e galegas” sobre a súa vinculación con Dorribo porque o sumario da Operación Campeón demostra que a trama de cobro de subvencións “pasa polo despacho do presidente da Xunta”. Esixiu a súa comparecencia xunto coa dos conselleiros de Economía, Facenda, Sanidade e Medio Ambiente para explicar a súa implicación no caso.

Losada dixo que “Galicia non merece un presidente que lle minta”, en alusión á resposta de Feijóo ao líder socialista Pachi Vázquez, cando en outubro pasado dixo que mantivera unha xuntanza co empresario imputado “con luz e taquígrafos”, que “non falaran de facturas nin subvencións”, e que “non hai posibilidade de ningún tipo de irregularidades”.

O responsable socialista considera que estas afirmacións, en sede parlamentaria, constitúen un “exercizo de cinismo” por parte de Feijóo logo de que o levantamento do segredo do sumario evidencien que xa coñecía das peticións de Dorribo. Ademais, o empresario sinala que “movería a subvención” meses antes de concederlle un total de catro millóns de euros a través do Igape e do Banco Europeo de Investimentos.

O portavoz socialista dixo que o pres

idente da Xunta “faltou á verdade” no Parlamento de Galicia, xa que “recibiu a Dorribo e falaron de subvencións concedidas irregularmente a este tecido empresarial co apoio explícito de deputados do PP, organismos gobernados por persoas do PP e da propia presidencia da Xunta”. Criticou a participación de Feijóo nesta “mistura indecente de intereses políticos e empresariais”.

Comparecencia

Os socialistas presentaron hoxe a solicitude de comparecencia urxente no Parlamento tanto do presidente da Xunta como dos conselleiros de Economía, Facenda e Sanidade e Medio Ambiente, cuxos departamentos están implicados nesta trama. Instounos a contar toda a verdade e tomar as decisións necesarias para “recuperar a confianza dos galegos e das galegas” nun momento en que esta resulta “capital para a recuperación económica”.

Advertiu que estas mentiras son de “extrema gravidade” e constitúen un “atentado directo contra a confianza e un insulto á intelixencia dos galegos e galegas”, e mesmo constitúen unha “bomba de reloxería para a recuperación económica”. Esixiu ao presidente da Xunta que “por primeira vez acepte a comparecencia solicitada pola oposición”.

Lembrou as reiteradas negativas da Xunta a dar conta da súa implicación nesta trama diante da Cámara ata o momento en que Feijóo estivo “obrigado a contestar” porque lle fixo a pregunta o presidente do Grupo Socialista na sesión de control.

Criticou que fronte ás promesas de “luz e taquígrafos” a realidade foi que “a luz estaba fundida e o taquígrafo de vacacións, porque non enviaron nada da documentación solicitada dende o Grupo Socialista”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar