Feijóo evita explicar no Parlamento o seu atentado flagrante contra os intereses de Galicia ao apoiar a paralización de licitacións do AVE

Feijóo evita explicar no Parlamento o seu atentado flagrante contra os intereses de Galicia ao apoiar a paralización de licitacións do AVE

Feijóo evita explicar no Parlamento o seu atentado flagrante contra os intereses de Galicia ao apoiar a paralización de licitacións do AVE

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou a Feijóo de evitar dar explicacións no Parlamento logo de ter perpetrado un “atentado flagrante contra os interese de Galicia” apoiando a paralización das licitacións do AVE. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces, na que o PP rexeitou a comparecencia do presidente da Xunta feita polos socialistas galegos.

Os socialistas galegos solicitaron a comparecencia urxente do presidente da Xunta para dar conta da axenda política do goberno galego en relación co futuro goberno do Estado. Losada advertiu que Feijóo “ten perdido toda a vehemencia reivindicativa” amosada dende a súa toma de posesión en primeiro lugar ao renunciar á ampliación do prazo de devolución da débeda e agora pedindo a paralización do AVE.

O portavoz socialista considera que este cambio de postura en relación coa principal infraestrutura presente na axenda política constitúe unha “agresión sen precedentes contra os intereses políticos e económicos de Galicia”. Considera especialmente grave a claudicación preventiva de Feijóo por vir precedida dunha “campaña de presión sen precedentes” polo cumprimento dos prazos dende Presidencia e a consellería de Infraestruturas.

Engadiu que Feijóo “débelle explicacións a tódolos galegos” logo desta “rendición absoluta” coa escusa de que o goberno estea en funcións, e lembrou que “o goberno do PP no que Feijóo era vicepresidente licitou máis de 200 millóns de euros en obras da Cidade da Cultura estando en funcións”.

Advertiu que o PP quere volver á estratexia de Aznar e o ministro Cascos, que deseñaron un AVE “de segunda” en 2004 atendendo “a intereses escuros”, e que tivo que ser reformulado polo goberno de Zapatero, obrigando a un novo retraso para mellorar as condicións da obra.

Desemprego
O líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, utilizará a sesión de control a Feijóo do próximo Pleno para preguntarlle pola súa xestión das políticas de emprego. Abel Losada explicou que a xestión de Feijóo fixo que Galicia se teña convertido, de acordo coas últimas cifras, e logo de 3 anos de goberno do PP, na Comunidade Autónoma na que máis creceu o desemprego de todo o Estado.

Dixo que a xestión de Feijóo provocou que Galicia perdera o diferencial de creación de emprego co resto do Estado para pasar a aumentar o desemprego 3,5 veces máis que en toda España. Lamentou que mentres o presidente da Xunta advirte que carece de competencias sobre emprego, “a realidade é que ten competencias e orzamentos pero carece de intención política e ideoloxía”.

Explicou así que si ben a Xunta conta con 340 millóns de euros para desenvolver políticas activas de emprego nos orzamentos de 2012, esta cifra é un 20 por cento inferior que a orzamentada en 2009, na chegada de Feijóo ao goberno galego, pola súa “falla de vontade política”.

Os socialistas galegos presentarán no próximo Pleno, en materia de reactivación económica, unha proposición non de Lei sobre a falla de actuación da Xunta na defensa do sector pesqueiro de cara á Política Común de Pesca. Tamén incluirán unha pregunta oral sobre a paralización das infraestruturas galegas, logo de coñecer que a Xunta renunciou a certificar novas obras dende agosto de 2011.

Servizos sociais

O portavoz socialista explicou que os socialistas galegos presentarán unha proposición non de Lei sobre as políticas de loita contra a pobreza e a exclusión por parte da Xunta, logo do falecemento de varios indixentes na Coruña. Sinalou que o goberno está a reducir as partidas para inclusión social mentres 60.000 galegos e galegas viven en fogares sen ningún ingreso e 600.000 –un 21 por cento da poboación- atópanse na pobreza.

Tamén preguntarán ao goberno galego sobre o “mecanismo de exclusión indirecta” da sanidade pública ao “abrir a porta ao copago” por parte da Consellería de Sanidade. Lembrou que a Xunta anunciou que os pacientes terán que abonar “presuntos usos irregulares da sanidade”, incluíndo as ambulancias e a renovación da tarxeta sanitaria.

Irregularidades

Os socialistas galegos solicitaron hoxe a comparecencia do conselleiro de Economía e Industria sobre as continuas irregularidades rexistradas no Igape. Como esta comparecencia foi rexeitada polo PP, o asunto será tratado a través dunha Interpelación socialista sobre “as sinais de discrecionalidade, favoritismo e redes clientelares” na política industrial da Xunta.

Explicou que esta xestión ofrece unha “mensaxe nefasta” de cara ao crecemento económico, o investimento e o emprego, unida a unha Lei de Política Industrial “desreguladora e que abre a porta á discrecionalidade” que será debatida no próximo Pleno do Parlamento.

Os socialistas porán o foco sobre as consellerías de Industria e Medio Ambiente e Infraestruturas cunha interpelación sobre a “adxudicación sen concurso público” da incineradora do sur de Galicia, así como unha pregunta oral sobre o “trato de favor e connivencia” entre políticos e empresarios destapada pola Operación Arena para permitir a “importación de residuos tóxicos e a súa aplicación á construción”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar