Losada acusa a Feijóo de “destruír a credibilidade de galicia” cos seus “reiterados enganos sobre o déficit”

Losada acusa a Feijóo de “destruír a credibilidade de galicia” cos seus “reiterados enganos sobre o déficit”

Losada acusa a Feijóo de “destruír a credibilidade de galicia” cos seus “reiterados enganos sobre o déficit”

O portavoz do Grupo Socialista e cabeza de lista pola provincia de Pontevedra, Abel Losada, acusou a Feijóo de “destruír a credibilidade sobre a situación financeira de Galicia” cos seus “reiterados e constatados enganos de Feijóo co déficit da Comunidade Autónoma”. Dixo que o seu “empecinamento” en empregar o déficit como “arma de engano masivo” resulta “demoledor” para a confianza na situación económica de Galicia.

Así o dixo logo de constatar que o que Feijóo presentou como unha xestión impecable do déficit en realidade era “unha arma de engano masivo” ao advertir o Consello de Contas da estratexia do goberno galego de trasladar o déficit a exercicios posteriores. Lembrou que logo de que o informe de fiscalización de 2010 constatara o traslado de 411 millóns de euros a 2011, hoxe o presidente do Consello de Contas apunta o traslado de outros 90 millóns entre 2009 e 2010.

O responsable socialista esíxelle a Feijóo que “explique con total claridade ata onde chegou nesta estratexia de desprazar o déficit dun exercicio ao seguinte” para que “non teñamos que agardar aos seguintes informes do Consello de Contas para descubrir as súas trampas”

Losada sinalou que os informes que están a ser feitos públicos nestas datas “constatan o que viñemos denunciando os socialistas durante meses, que ao presentarse como gran xestor, Feijóo agochaba que en realidade é un gran mentiroso” que “engana coas contas de Galicia por un mero interese electoral”.

Vigo

O candidato socialista realizou hoxe ademais unhas declaracións aos medios en Vigo nas que criticou a xestión política do PP en Vigo, principal área industrial de Galicia en termos de produción e emprego, que perdeu nos últimos anos 10.000 postos de traballo e ten “enormes dificultades en sectores estratéxicos “nos que Feijóo non foi quen de solucionar nin facer prantexamentos de futuro”.

Durante 4 anos, engadiu, practicaron “a máxima neoliberal da dereita de que a mellor política industrial é a que non existe e faltaron ideas, proxectos, orzamentos e eficacia”.

Respecto ao Igape, “organismo politizado e xudicializado”, dixo que non cumpriu coas súas obrigas senón que xogou un papel económico “lamentable”, financiando, por exemplo, a Fundación Porto de Vigo con 500.000 euros co único obxectivo de “atender aos intereses electorais do PP”.

Durante a súa intervención, referiuse a outras áreas “esquecidas” pola Xunta, como a innovación e investigación, cun recorte que cifrou en 60 millóns de euros ou todo o vencellado co finanzamento.

A este respecto, apuntou, o balance non pode ser máis negativo: “unha desaparecida caixa de aforros e un banco intervido que precisa de 10.000 millóns de euros, cun futuro, aínda así, incerto”. Esta mala xestión da Xunta, insistiu, foi outra “gran dificultade” máis no tecido industrial da cidade. O balance, polo tanto, non pode se máis “negativo”: “unha política industrial inexistente, sen ideas, proxectos, orzamentos e ineficiente”.

Povisa

Losada referiuse durante a súa intervención ao hospital de Povisa para lembrar que “sempre que o centro tivo problemas coa Xunta, atopou apoio no PSOE e no alcalde”. Acusou ao Partido Popular de non “querer un hospital de Povisa galego, senón que queren que pasen a mans de empresas próximas ao PP”.

Na súa opinión, unha proba desta intención é que teñen paralizado o concerto, unha negociación que ven xa da pasada lexislatura e que o Goberno bipartito deixou encarrilada. “O que queren -dixo- é afogar a Povisa para que pase a empresas sanitarias que están como buitres buscando negocio, sobre todo de orixe público, pero tamén privado”

32641281A

Deixar a resposta

Pechar