“A xestión de Feijóo obtén o dubidoso honor de acadar o maior incremento do paro en setembro dende que hai datos rexistrados”

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, advertiu hoxe que Feijóo ven de lograr “o dubidoso honor de ter acadado o maior incremento do paro no mes de setembro dende que hai datos rexistrados”. Dixo que a xestión de Feijóo “provocou que o paro crecera en Galicia un 50 por cento mais que no resto do Estado”.

Sinalou así que Galicia ten acadado neste mes de setembro os 232.918 parados, cun aumento de 8.336 -3,71 por cento- con relación ao mes anterior. Puntualizou que estes datos corresponden aos ofrecidos polo Ministerio, sen ter en conta a clave S-698, e polo tanto a “maquillaxe estatística” que afecta a en torno a 53.000 persoas paradas non rexistradas.

O responsable socialista dixo tamén que a variación anual revela que Galicia sumou 16.823 novos parados no que vai de ano, cun aumento do 7,79 por cento fronte ao 5,2 por cento rexistrado a nivel estatal. Ademais de ter un incremento un 50 por enriba da media, Galicia foi a sexta autonomía con peores resultados, acumulando unha suba de 16,19 por cento en dous anos, fronte ao 13,95 por cento da media estatal.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar