Abel Losada: "A reforma laboral do PP implanta a selva laboral desregulamentada"

Abel Losada: "A reforma laboral do PP implanta a selva laboral desregulamentada"

Abel Losada: "A reforma laboral do PP implanta a selva laboral desregulamentada"

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, dixo que a reforma laboral aprobada polo Goberno establece “a selva laboral desregulamentada”. Os socialistas presentaron hoxe unha batería de iniciativas para rexeitar a modificación e reclamar ao goberno que inicie un proceso de negociación.

Losada advertiu que a reforma aprobada unilateralmente polo goberno constitúe a “crónica dun desastre anunciado” feito ao ditado de FAES e a CEOE para “traballar máis e cobrar menos”. Ademais, recorre ao “dumping salarial” para “competir máis a costa de crear unha sociedade máis desigual incrementando os beneficios empresariais”.

O responsable socialista deu a razón ao ministro de Economía porque dixo que a reforma resulta “extremadamente agresiva cos dereitos dos traballadores” e ademais engadiu que non vai crear emprego. Criticou a desvinculación dos salarios das negociacións sectoriais xa que potencia o individualismo e as negociacións bilaterais “e polo tanto a selva” para os traballadores nun contexto de desemprego mais elevado.

Dixo que supón unha “machetada aos dereitos laborais” e abarata o despido “ata estremos impensables” cunha redución media do 40 por cento. Engadiu que elimina os requisitos administrativos previos para aprobar EREs e tan só require unha redución dos ingresos durante 9 meses para abaratar o despido ata os 20 días por ano traballado.

Losada presentou unha serie de iniciativas para rexeitar a reforma laboral aprobada polo PP a pasada semana e trasladar ao Goberno de España “a necesidade de abrir un verdadeiro proceso negociador cos partidos políticos e cos sindicatos para que a reforma deixe de ser unha reforma laboral de parte”. Tamén presentou unha interpelación na que reclama á Xunta que dea conta da súa posición e os efectos da reforma para Galicia.

Erro histórico

O responsable socialista sinalou que os socialistas presentarán no Pleno que comeza mañá unha serie de iniciativas para analizar a situación económico-laboral de Galicia e as irregularidades nas axudas do Igape. Así, cualificou de “erro histórico” a aposta da Xunta por competir “vía salarios” en lugar de aumentar a competitividade e o I+D, que descendeu un 38 por cento en Galicia dende a chegada de Feijóo ao goberno galego.

Dixo que logo de 54 días sen que o presidente da Xunta compareza diante da Cámara autonómica, os socialistas presentarán unha Interpelación para que a Xunta dea conta da falla de medidas de impulso do emprego. Criticou que Feijóo se teña “dado por vencido” renunciando a impulsar a economía e o emprego en Galicia.

Tamén presentarán unha Interpelación sobre as medidas de control adoptadas pola Xunta para garantir a coherencia, legalidade e igualdade nas axudas e subvencións autorizadas polo Igape. Reclamou que o goberno galego explique qué responsabilidades vai asumir logo das irregularidades rexistradas neste ente público dende a chegada de Feijóo ao Goberno galego.

Os socialistas galegos presentarán tamén, no Pleno que comeza mañá, unha serie de iniciativas parlamentarias na “defensa inequívoca no mantemento duns servizos públicos de calidade en Galicia”. lembrou que o gasto social referido a sanidade, educación e acción social caeu en 300 euros por habitante entre 2009 e 2012, o que supón que o Goberno de Feijóo reduciu os servizos básicos per cápita nun 11,7 por cento.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar