Losada: “A obsesión do PP por politizar a Área Metropolitana de Vigo predí o seu fracaso”

Losada: “A obsesión do PP por politizar a Área Metropolitana de Vigo predí o seu fracaso”

Losada: “A obsesión do PP por politizar a Área Metropolitana de Vigo predí o seu fracaso”

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, advertiu hoxe que a obsesión do PP por politizar a Área Metropolitana de Vigo predí o seu fracaso. Así o dixo no debate do proxecto de Lei da Área Metropolitana que tivo lugar en Comisión parlamentaria, na que reclamou que a acción política “se aparte” da acción do ente.

O responsable socialista sinalou que a creación deste organismo “só ten sentido en termos de xestión, e nunca para crear unha nova plataforma político – partidaria” que permita a súa gobernanza. Engadiu que a Área Metropolitana só terá sentido con “mecanismos de cooperación, colaboración e consenso”, e criticou que o PP queira “supeditala a intereses partidarios”.

Neste sentido, cualificou de “ataque á liña de flotación” do ente que en pleno proceso de constitución, algúns concellos gobernados polo PP, decidan abandonar a Mancomunidade de Vigo “logo dunha xuntanza co xeral secretario do partido, Alfonso Rueda. Dixo que esta estratexia demostra o obxectivo do PP de desenvolver un “proceso partidario paralelo”.

Losada tamén criticou que a Xunta e a Deputación de Pontevedra queiran utilizar a Área Metropolitana para “aforrarse cartos” que en último termo serán cargados aos concellos. Sinalou que “non pode ser que a administración lle custe un euro mais aos cidadáns dos8concellos a través de taxas, impostos e diñeiro público” que os concellos terán que aportar para garantir o funcionamento do novo ente.

Dixo que os custes do funcionamento deste órgano non poden recaer exclusivamente sobre os concellos, xa que, explicou, a Área é un “órgano de administración local, como o é a Deputación”.

Emendas

Os socialistas presentaron un total de 71 emendas a este proxecto de Lei, que na súa meirande parte foron desbotadas polo PP, polo que o portavoz socialista chamou a “deixar en segundo lugar os intereses políticos partidarios” de cara ao seu debate final no Pleno do Parlamento. Así, chamou a construír un órgano de xestión administrativa, que mellore a calidade do servizo para 480.000 cidadáns da área de Vigo”.

Explicou que as emendas socialistas están dirixidas á defensa da autonomía dos concellos, a mellora da gobernanza, o equilibro da representatividade, fundamentalmente de cara ao Concello de Vigo, que conta con dous terzos da poboación.

Sinalou que, por este motivo, a presidencia do ente “ten que ser do alcalde ou alcaldesa de Vigo independentemente da súa cor política”. Reclamou tamén o incremento do teito competencial e o “financiamento suficiente” para garantir o seu funcionamento “procedente de tódalas administracións implicadas”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar