López Vidal:"A paralización do corredor da Costa Norte constitúe a proba irrefutable da incapacidade de Feijóo por construír país”

López Vidal:"A paralización do corredor da Costa Norte constitúe a proba irrefutable da incapacidade de Feijóo por construír país”

López Vidal:"A paralización do corredor da Costa Norte constitúe a proba irrefutable da incapacidade de Feijóo por construír país”

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Pablo López Vidal, dixo hoxe que a paralización do Corredor da Costa Norte por parte do Goberno de Feijóo constitúe a “proba irrefutable da incapacidade por xestionar e construír país”. O parlamentario socialista presentou no Pleno de hoxe unha pregunta oral sobre o estancamento desta obra.

López Vidal apuntou a un “futuro negro” para este vial por mor da “falla absoluta de vontade” amosada polo goberno de Feijóo”, quen “condena ao ostracismo ás comarcas de Ferrol, Eume, Ortegal e A Mariña”. Sinalou que a infraestrutura continúa “estancada e atrofiada” logo de “tres anos de desgoberno” do PP, con dous treitos en obras retrasadas, outros tres en expropiación e outros cinco sen comezar.

Criticou a falla de compromiso do presidente da Xunta para rematar o proxecto, logo de ter retrasado as obras dende a data prevista de 2013, establecida polo proxecto posto en marcha na anterior lexislatura, ata a chegada do PP, quen retrasouno a 2017. Salientou a “necesidade imperiosa” dunha obra fundamental para a mobilidade de 11 concellos con 300.000 habitantes e garantir a competitividade dun forte tecido empresarial.

O parlamentario socialista criticou que nesta lexislatura “a día de hoxe non teñen adxudicado un só tramo, a maiores dos que xa quedaron na anterior lexislatura –Variante de Ortigueira e Celeiro - San Cibrao-” mentres “medran os problemas e as dúbidas” sobre a obra. Sinalou que os orzamentos da Xunta para 2012 reducen a 11 millóns de euros que “non chegan para rematar os tramos previstos nin encetar novos”.

Lamentou así por exemplo a modificación unilateral da variante de Viveiro por parte da Xunta “co único obxectivo de paralizala”, mentres o treito San Sadurniño – Campo do Hospital sufriu unha “intolerable rebaixa nas calidades construtivas” para facer unha obra “de segunda categoría”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar