López Vidal reclama unha Comisión Parlamentaria para o seguimento das infraestruturas

López Vidal reclama unha Comisión Parlamentaria para o seguimento das infraestruturas

López Vidal reclama unha Comisión Parlamentaria para o seguimento das infraestruturas

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal, reclamou a constitución dunha Comisión parlamentaria para o seguimento da planificación e execución das infraestruturas pendentes de construír en Galicia por parte da Xunta. O responsable socialista acusou ao presidente da Xunta de “mentir” sobre o nivel de execución das obras.

López Vidal presentou hoxe unha Moción que será debatida no próximo Pleno do Parlamento na que da continuidade á proposta do presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, quen nunha sesión de control ao presidente da Xunta propuxo unha comisión de seguimento das obras competencia da Xunta. Os socialistas reclaman que este órgano conte con representación dos grupos parlamentarios e do Goberno galego.

O responsable socialista solicita tamén, nesta moción, que a Xunta aprobe definitivamente no mes de xuño o Plan Move –orixinalmente Plan Director de Estradas de Galicia- xa que leva dous anos de retraso “sen soporte xurídico nin normativo” ao non ser aprobado logo da súa obrigatoria tramitación parlamentaria. Tamén reclamou que a Xunta remita ao Parlamento un cronograma de actuacións prioritarias en infraestruturas.

López Vidal lamentou que a Xunta estea “vertendo cortiñas de fume” sobre as infraestruturas competencia de Fomento cando o ministerio “cumpre cada día” e a Xunta volveu diminuír “notablemente” o volume de licitacións, de acordo cos datos de Seopan. Así, entre abril de 2010 e 2011 foron licitados 154,9 millóns de euros, un 37,7 por cento menos que en 2010, un 37,03 menos que en 2009 e un 58,3 menos que en 2008.

Ademais, criticou o “suspenso demoledor” dos niveis de execución orzamentaria da Consellería de Territorio, que mentres paraliza as infraestruturas en Galicia, no ano 2010 “deixou sen executar o 30 por cento do orzamento” que ascende a 241 millóns de euros dos inicialmente orzamentarios. Co diñeiro que deixou de investir esta Consellería, dixo, podería terse rematado a autovía da Costa da Morte ou a VAC Ferrol – San Cibrao.

O parlamentario socialista engadiu que a “ineficacia e ineficiencia na xestión” amosada polo Executivo autonómico afecta tamén ao baixo nivel de adxudicacións definitivas xestionadas no que vai de ano. Así, mentres para todo 2011 está orzamentado un total de 528 millóns de euros, nos cinco primeiros meses do ano só foron adxudicados 13,9 millóns de euros.

Obras pendentes

López Vidal fixo un mapa das paralizacións e retrasos da Xunta de Galicia no que sinalou a autovía da Costa da Morte –licitada dous anos mais tarde por 161 millóns de euros máis cara-, a VAC Costa Norte –con só dous tramos en execución-, a Vía Ártabra e a súa conexión coa autovía e a autopista de peaxe AP-9 –suspendida-, a conexión da Plisan coa A-52 –orixinalmente prevista para 2014-, ou a VAC Baixo Miño – Tui – A Guarda –coa variante da Guarda paralizada-.

Tamén sinalou os retrasos da autovía Pontevedra – Vilagarcía –prevista orixinalmente para 2015-, o corredor Sarria – Monforte e Nadela – Sarria, a autovía Ourense – Celanova –que acumula un ano de retraso e a conexión coa fronteira Portuguesa esquecida-, a autovía A Ramallosa – A Estrada –paralizada-, e os desdobramentos Brión – Noia, Sanxenxo – A Lanzada e do corredor do Morrazo paralizados.

Sinalou a importancia destas infraestruturas para o crecemento económico de Galicia e a mobilidade cidadá, co conseguinte aumento da calidade de vida dos galegos e galegas. Trasladou a súa “alarma e escándalo” polo nivel de paralizacións á Xunta e esixiu que continúe co ritmo investidor acadado durante o goberno socialista en Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar