López Vidal reclama á Xunta lealdade en lugar de confrontación respecto aos prazos do AVE

López Vidal reclama á Xunta lealdade en lugar de confrontación respecto aos prazos do AVE

López Vidal reclama á Xunta lealdade en lugar de confrontación respecto aos prazos do AVE

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Parlamentario dos socialistas galegos, Pablo López Vidal, reclamou “lealdade” ao conselleiro Agustín Hernández e criticou que “o seu único obxectivo sexa provocar confrontación política poñendo en dúbida o cumprimento dos compromisos do Ministerio de Fomento respecto ao AVE”.

López Vidal enmarcou as declaracións realizadas por Hernández “nun tento de lavar a súa mala conciencia” e esixiulle que demostre a súa colaboración “para concluír o gran soño de comunicarnos en alta velocidade con Madrid”.

Por elo, demandoulle á Xunta “que deixe de utilizar partidariamente os compromisos de execución do AVE” e que demostre un apoio real a esta infraestrutura “facendo o que teñen que facer, que é emitir os informes medioambientais correspondentes no prazo máis breve posible”.

Neste senso, lembrou que no tramo Lubián-Ourense houbo diversos retrasos por culpa do informe medioambiental da Xunta, mentres que na Autovía A-76 Ponferrada-Monforte-Ourense os proxectos ralentizáronse porque o Goberno galego tardou dous anos en emitir o correspondente informe medioambiental.

“Véselle o plumeiro ao Goberno galego”, afirmou López Vidal, “xa que o único que intenta é tapar coa confrontación política a súa carencia de xestión nas grandes infraestruturas do noso país”.

Acto seguido afirmou que “a única garantía que temos os galegos e galegas de que a alta velocidade sexa unha realidade en prazo é que siga habendo un goberno en Madrid coa vontade e a decisión política de rematar o AVE, e coa aportación de recursos económicos necesarios; pois a capacidade tanto do Ministerio como do Adif é de sobra recoñecida”.

O deputado pediu ao conselleiro Agustín Hernández “que deixe a técnica de tirar a pedra e esconder a man” e que “abandone os debates estériles”. “O único que ten que facer o Goberno galego é colaborar con lealdade co Goberno central, e deixar de polemizar e de estorbar para ocultar a súa incapacidade e falla de acción”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar