López Vidal reclama a Rueda “contención” nas súas verbas e “lealdade co Goberno central”

López Vidal reclama a Rueda “contención” nas súas verbas e “lealdade co Goberno central”

López Vidal reclama a Rueda “contención” nas súas verbas e “lealdade co Goberno central”

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Parlamentario dos socialistas galegos, Pablo López Vidal, reclamou hoxe ao conselleiro Alfonso Rueda “contención nas súas verbas” e lembrou que “en ningún momento das declaracións feitas polo Ministro de Fomento, José Blanco, en Compostela despréndese ningún insulto nin descalificación persoal”.

Neste senso, López Vidal recalcou que “o único que fixo José Blanco foi pedir lealdade institucional e compromiso coa chegada do Ave a Galicia” e esixiulle a Rueda que “deixe de polemizar co cumprimento dos prazos do AVE”.

O portavoz de Infraestruturas acusou ao Goberno galego “de mentir sobre a chegada de alta velocidade a Galicia apoiándose nun informe que manexa, do cal se descoñece a súa autoría, xa que ninguén o asina”.

Deste xeito, lembrou que “os poucos datos que aparecen nese informe anónimo, ao que se aferra o conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, foron contrarrestados por un informe demoledor feito por técnicos de Adif”. “Uns técnicos que son os máis punteiros en temas de alta velocidade, e polo tanto, elaboraron un informe serio, e non un panfleto feito por afecionados como manexa Hernández”, apuntou o socialista.

López Vidal reclamou ao Goberno galego que “se poña a labor de rentabilizar a inversión máis importante da historia recente da nosa Autonomía”. Ademais, engadiu “que se preocupen por encher os vagóns do AVE, para converter esta actuación nun investimento produtivo, que nos axude a mellorala calidade de vida, a competitividade para saír desta crise que estamos a padecer”.

O portavoz de Infraestruturas demandoulle a Rueda “un mínimo de sentidiño”. “Que tomo o sol con protección, xa que se non, pode confundir as ideas e dicir brabuconadas como as que dixo”, denunciou.

“Os socialistas esiximos un mínimo de respecto para quen máis está contribuíndo a que a nosa comunidade teña un tren de alta velocidade de primeira división”, recalcou López Vidal.

Neste senso lembrou que “os goberno socialistas comprometémonos con Galicia e coas súas infraestructuras, e non como o PP que cando gobernou nos candearon a un tren de terceira división”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar