López Vidal reclama a Feijóo que explique as xestións que realizou co goberno conservador de Portugal para manter o tren Vigo-Oporto

López Vidal reclama a Feijóo que explique as xestións que realizou co goberno conservador de Portugal para manter o tren Vigo-Oporto

López Vidal reclama a Feijóo que explique as xestións que realizou co goberno conservador de Portugal para manter o tren Vigo-Oporto

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal, reclamou a Feijóo que explique qué xestións realizou co goberno conservador de Portugal para manter as conexións ferroviarias entre Vigo e Oporto. Criticou o “silencio condescendente” de Feijóo diante de Passos Coelho que contrasta coa súa “hiperactividade reivindicativa” diante do goberno de Sócrates.

López Vidal reclamou as xestións de Feijóo co seu “goberno amigo e conservador” de Portugal “para evitar a drástica supresión dun servizo de comunicación ferroviaria entre as dúas cidades mais importantes de Galicia e o Norte de Portugal, Vigo e Oporto”. Reclamou que explique “si mantiveron contacto coas autoridades portuguesas para ver de artellar medidas alternativas a esta decisión preferibles á supresión no servizo”.

Considerou “sorprendente” que a Xunta “ande sempre poñéndolle deberes ás administracións gobernadas polos socialistas e permanezan calados cando os seus correlixionarios ideolóxicos empezan a suprimir os servizos públicos do país veciño”. Acusou ao Goberno de Feijóo de permanecer “agochado” ou “increpar a Fomento” cando “deberan saber que as súas competencias “rematan en Tui e non abarcan ata Portugal”.

O parlamentario socialista reclamou a Feijóo que “menos predicar e mais dar trigo, que é o que os galegos esperan dun goberno que se demostrou mediocre e desaparecido”. Sinalou que “tódalas xestións emprendidas polo goberno do señor Feijóo cos seus correlixionarios e amigos políticos da dereita portuguesa ata o de agora resultaron ser un absoluto fracaso”.

AVE

Advertiu que mentres o presidente da Xunta amosaba unha “febril actividade” para enviar misivas ao socialista José Sócrates para garantir o AVE entre Portugal e Galicia, e cando o conservador Passos Coelho anuncia a supresión da infraestrutura e de tódalas comunicacións ferroviarias entre Galicia e o Norte de Portugal permanece “sospeitosamente calado”.

Por este motivo reclama as “xestións, entrevistas, xuntanzas ou explicacións recabadas pola Xunta de Galicia diante dos conservadores portugueses para coñecer das razóns, motivos e causas que xustifican supresión da liña de AVE. Lembrou que esta actuación transeuropea é “vertebradora de dous países e o eixo de comunicación mais importante da Eurorrexión, que ademais conta con fondos europeos dos que hai que dar conta”.

Dixo que “estas son as cuestións que preocupan aos galegos, que inciden na vida de moitos cidadáns do país que teñen como referente aos veciños de Portugal e que precisan dunha comunicación fluída en transporte público”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar