López Vidal pregunta á Xunta polo "suposto amaño" de licitacións públicas

López Vidal pregunta á Xunta polo "suposto amaño" de licitacións públicas

López Vidal pregunta á Xunta polo "suposto amaño" de licitacións públicas

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Pablo López Vidal, presentou hoxe unha Interpelación para que a Xunta dea conta na Cámara do suposto “amaño” de licitacións públicas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, por parte dun conxunto de empresas.

López Vidal reclama ao Goberno galego que dea conta publicamente das medidas postas en marcha “para evitar este tipo de prácticas presuntamente delictuosas e contrarias ás normas vixentes”, tal e como fixo público un medio de comunicación. Reclama á Xunta que explique “qué actuacións leva desenvolto a Consellería de Infraestruturas na procura da verdade sobre os feitos denunciados”.

Advertiu que estes feitos “sementan dúbidas e sombras sobre os procedementos de contratación da Xunta de Galicia, en concreto na execución de obra pública”. Esixiu así á Xunta que expoña as medidas tomadas para “denunciar estes comportamentos” no momento en que tivo coñecemento das “presuntas prácticas de concertación entre as empresas á hora de presentarse aos diferentes contratos públicos licitados”.

O responsable socialista sinalou que este caso “pode vulnerar os principios de publicidade, concorrencia, transparencia, confidencialidade, igualdade e non discriminación sobre o proceso de contratación coas administracións públicas”.

López Vidal referiuse así á suposta investigación por parte do Consello Galego da competencia do presunto acordo entre empresas galegas para pactar as ofertas que presentan nas distintas licitacións de obra pública “para logo realizar un reparto das adxudicacións a un prezo superior ao que marca a normal concorrencia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar