López Vidal pregunta a Feijóo sobre o respaldo de Rajoy ao aprazamento da conexión do AVE con Portugal

López Vidal pregunta a Feijóo sobre o respaldo de Rajoy ao aprazamento da conexión do AVE con Portugal

López Vidal pregunta a Feijóo sobre o respaldo de Rajoy ao aprazamento da conexión do AVE con Portugal

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal rexistrou unha pregunta parlamentaria na que reclama explicacións á Feijóo sobre o respaldo explícito outorgado polo presidente do Partido Popular de España, Mariano Rajoy ao aprazamento da conexión entre Portugal e España en Alta Velocidade nunha recente entrevista co Primeiro Ministro conservador de Portugal.

López Vidal explica que a chegada da Alta Velocidade a Galicia pasou por moitas vicisitudes e situacións complicadas dende que un Goberno conservador, para compensar polo desastre do Prestige, colocou a primeira travesa no eixo atlántico. Asevera que tivo que ser un goberno socialista o que colocase tódalas demais (travesas, raís e catenaria), modificase proxectos e trazados para poder contar cun AVE de primeira categoría en dobre vía electrificada, un verdadeiro tren de alta velocidade, non un sucedáneo.

Así as cousas afirma que gracias a xestión do Ministro de Fomento, poderemos circular en alta velocidade por Galicia o vindeiro 10 de decembro do ano en curso, entre Ourense – Santiago e Coruña. Subliña que Galicia conta cun investimento sen precedentes na historia da nosa autonomía.

O deputado socialista critica que estes investimentos “sofren cada día máis ataques por parte das forzas conservadoras que están cuestionando os investimentos que farán posible a realización deste grande soño colectivo que temos como pais: a vertebración de Galicia en alta velocidade ferroviaria”.

López Vidal denuncia que as reiteradas aptitudes de obstrucionistas do Partido Popular e crítica a demagoxia, a deslealdade e irresponsabilidade do candidato do Partido Popular á Presidencia do Goberno de España nunha recente entrevista co presidente da República de Portugal.

Nese senso aludiu as manifestacións verquidas por Mariano Rajoy e recollidas nos medios de comunicación, nas que manifestou que “hai proxectos que están aí para levalos adiante cando veñan tempos mellores”. Por iso insistiu en pedir explicacións a Núñez Feijóo “como se poden interpretar estas verbas?, resumiu.

O portavoz de Infraestructuras afirma que é preciso clarexar posturas e manifestar a verdade a cidadanía do que cada quen pensa facer no futuro inmediato. Por iso dende o PSdeG-PSOE “queremos coñecer que opinión lle merece ao actual Goberno de Galicia este tipo declaracións e de intencións que afectan a unha das infraestruturas de comunicación máis importante do noso país”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar