López Vidal pide a comparecencia de Feijóo para explicar a política aeroportuaria do Goberno galego

López Vidal pide a comparecencia de Feijóo para explicar a política aeroportuaria do Goberno galego

López Vidal pide a comparecencia de Feijóo para explicar a política aeroportuaria do Goberno galego

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Pablo López Vidal, ven de pedir a comparecencia no Pleno do Parlamento do Presidente da Xunta para explicar a política aeroportuaria do Goberno galego, logo das “alarmantes declaracións” realizadas por Núñez Feijóo diante da patronal do turismo galego.

Durante a presentación a este sector o presidente da Xunta púxose a disposición do empresariado para que fora o que ditase a política aeroportuaria da Xunta, algo que López Vidal recriminou a Feijóo porque, “a pesares de que representen o 11% do PIB, non debe ser este o papel que corresponde a un goberno serio e responsable”.

O deputado socialista acusa ao Presidente galego de “poñerse sempre de lado” ante os problemas en lugar de afrontalos. Un goberno serio, insistiu López Vidal, non pode poñerse na situación de “vostedes digan que eu fago”, senón que “ten que poñer os mecanismos e actuacións para rendabilizar ao máximo as infraestruturas de transporte que posúe Galicia e poñelas a disposición do desenvolvemento económico”, afirmou.

Logo da imaxe dada ante a patronal do turismo, López Vidal conclúe que “temos un país sen presidente, sen rumbo”, “A Xunta ten que facer os deberes, infraestruturas útiles para o país” engadiu. Polo contrario o que Feijóo fixo ata o de agora, segundo o socialista, foi apartar dos problemas e buscar culpables noutros sitios, puxo de exemplo o “paro galopante, o das caixas, a piques de rematar como o rosario da aurora ou os lumes, que sempre eran culpa de que o ministerio non mandaba os efectivos necesarios”. Citou tamén a nefasta xestión da política industrial ou as autoestradas da Costa da Morte e do Morrazo.

A INEFICACIA DE FEIJÓO CONTRASTA COA XESTIÓN QUE FIXO EN GALICIA O ANTERIOR GOBERNO DO ESTADO

A este respecto López Vidal aclarou que ata este momento a Xunta dedicábase a vixiar o que outras administracións facían por este país, en alusión ao goberno socialista do Estado, “pero agora iso acabouse”.

López Vidal recordou que, mentres Feijóo “non fixo nada nestes tres anos” o Goberno do Estado si cumpría con Galicia. Lembrou os 539 millóns de euros investidos nos aeroportos de Santiago, A Coruña e Vigo, e o investimento e execución récord en Lavacolla, 230 millóns de euros para a terminal, rematada en só 2 anos. “Un esforzo sen precedentes” en palabras de López Vidal.

Contrastou a falta de iniciativa e de proxecto do Goberno galego cos “investimentos estratéxicos do Goberno Central”, en torno a AP-9 como plataforma de desenvolvemento e de impulso dos sectores estratéxicos da economía do noso país”. Defendeu os investimentos do Goberno socialista como unha aposta pola competitividade e a igualdade de oportunidades.

“Nós creemos nunha Galicia plural e diversa” dixo en relación ás obras acometidas “nunhas infraestruturas que xa estaban feitas pero que había que poñer a prestar servizo e a producir”. As terminais aeroportuarias galegas moven máis dun millón de pasaxeiros/ano e benefician cada unha a una área de 500.000 habitantes. López Vidal retou a Feijóo a que se ten “outras alternativas” respecto á política aeroportuaria en Galicia “as diga, no Parlamento, non diante da patronal”.

COMITÉ DE RUTAS: EXEMPLO DE FALTA DE CAPACIDADE DO GOBERNO GALEGO

O Comité de Rutas foi creado en 2010 e está presidido polo Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas, Agustín Hernández. Este organismo, “que foi creado para favorecer a coordinación de esforzos de concellos, axentes sociais, Xunta e AENA, non se reuniu no último ano e tres meses”.

Esta circunstancia evidencia “a falta de interese ou de capacidade para organizarse e traballar en rede potenciando a singularidade de cada terminal”. Sen embargo, López Vidal, afirma que “Feijóo está demasiado verde para asumir estas tarefas, que demostran a talla política dos dirixentes”. Polo tanto, conclúe que “en Galicia non sobran infraestruturas nin faltan emprendedores, sobra incapacidade e incompetencia dun Goberno mediocre”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar