López Vidal: "O PP quere que o AVE descarrile en Ourense, ao cuestionar o proxecto de integración na cidade"

López Vidal: "O PP quere que o AVE descarrile en Ourense, ao cuestionar o proxecto de integración na cidade"

López Vidal: "O PP quere que o AVE descarrile en Ourense, ao cuestionar o proxecto de integración na cidade"

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Pablo López Vidal, criticou que o PP “quere que o AVE descarrile en Ourense”. Así o dixo nunha iniciativa parlamentaria presentada logo do anuncio da ministra de Fomento en contra do investimento para integrar a chegada do ferrocarril á cidade e a estación intermodal.

O responsable socialista lamentou que a “ignorancia” amosada pola ministra, que “confunde a variante de Ourense coa integración ferroviaria na cidade” está a supor un “serio obstáculo” para o futuro da infraestrutura. Dixo que a actual responsable de Fomento “necesita tempo para ler os papeis” polo que recomendoulle que “non fale sen atender aos técnicos e funcionarios en AVE

rescription'>buy viagra without prescription

dos que dispón no Ministerio”.

López Vidal apuntou que estes escollos evidencian un “empeño en rachar e parar a chegada da alta velocidade a Galicia” converténdose nun “obstáculo para o AVE” ao cuestionar a súa integración en Ourense. Lembrou que esta nova alternativa, que vén de ser cuestionada pola actual responsable de Fomento, foi no seu día acordada e negociada entre as administracións responsables.

A conclusión foi unha actuación en 16,4 quilómetros cun investimento de 560 millóns de euros para evitar a fenda existente no termo municipal polo actual trazado da vía única, que dende 1952 divide os barrios da cidade, e que está a ser hoxe cuestionada.

A integración do AVE na cidade, explicou, supuña a aposta pola unificación das liñas ferroviarias de alta velocidade e as convencionais nunha nova variante con trazado independente dende Seixalvo ata a Estación Ourense – Empalme.

López Vidal presentou unha pregunta en Pleno para que a Xunta expoña a súa valoración das declaracións públicas da Ministra de Fomento sobre a paralización do proxecto de integración do AVE na cidade de Ourense.

zp8497586rq
zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar