López Vidal: "Feijóo utiliza políticamente o Comité de Rutas e quere enterralo"

López Vidal: "Feijóo utiliza políticamente o Comité de Rutas e quere enterralo"

López Vidal: "Feijóo utiliza políticamente o Comité de Rutas e quere enterralo"

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal presentou unha interpelación parlamentaria para coñecer os obxectivos, o funcionamento e os resultados do Comité de Rutas Aéreas de Galicia por parte da Xunta.

López Vidal dixo que Galicia ten os medios e as oportunidade, pero asegura que a nosa Comunidade precisa dun presidente "que teña cabeza, e que pense no pais para desenvolver as infraestructuras aeroportuarias da nosa Comunidade".

O deputado socialista afirma que en Galicia ten unha gran plataforma viaria como a AP-9, formada polos 3 aeroportos e os 5 portos de interese xeral. Asevera que o Goberno de Feijoo ten que coordinar estas infraestructuras xa que “teñen que ser a porta de entrada hacia futuro”. Por iso reclamou “unha estratexia para estructurar estas infraestructuras co fin de optimizar os recursos”.

Denunciou que o Goberno de Feijoo utiliza politicamente o comité de rutas aéreas de Galicia e acusouno de "querer enterralo". Lembrou que é un órgano de colaboración entre as administracións central,autonómica e local, xunto con asociacións de empresarios, destinado a fomentar o establecemento de novas rutas aéreas cos aeroportos galegos. Explicou ademais que este comité, creado en abril de 2010, esta presidido polo conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, e debe establecer as medidas de promoción e fomento do tráfico aéreo

Lopez Vidal quere coñecer “por que razón a Xunta de Galicia quere deixar morrer este instrumento de coordinación aeroportuaria, e cal é o importe das axudas concedidas polo Goberno autonómico a distintas compañías aéreas, para que destinos e que aeroportos”.

O deputado socialista envioulle unha mensaxe a Feijoo “deixe de buscar votos por Panamá e México e preocúpese por estes asuntos”, espetou.

Onde están os nosos turistas

A maiores o deputado criticou o fracaso da política turística do Goberno de Feijoo e asegura que as estatísticas sinalan un descenso de 11,9 % do número de viaxeiros a Galicia durante este ano, fronte ao incremento de turistas que experimenta o conxunto de España. “Onde están os nosos turistas”, espetou. E criticou o fracaso das políticas de Núñez Feijoo nesta ámbito.

539 millóns en Santiago

Sobre a nova terminal aeroportuaria de pasaxeiros en Santiago de Compostela, subliñou que houbo un esforzo investidor nos aeródromos galegos que ascende a 539 millóns de euros.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar