López Vidal: "Feijóo é cómplice, cooperador e conspirador político do atraso do AVE a Galicia"

López Vidal: "Feijóo é cómplice, cooperador e conspirador político do atraso do AVE a Galicia"

López Vidal: "Feijóo é cómplice, cooperador e conspirador político do atraso do AVE a Galicia"

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal cualificou hoxe de “bochornosas e vergonzosas” as declaracións realizadas polo Presidente da Xunta, nas que asegura que se conforma ter o AVE galego no ano 2018.

O deputado socialista acusou a Feijoo “de ser o novo cómplice e cooperador conspirador político necesario do retraso de mais de 3 anos da chegada da alta velocidade a Galicia”.

López Vidal asegura que dende a chegada de Rajoy á Moncloa o Goberno de Núñez Feijoo “mudou a súa estratexia reivindicativa fronte ao AVE”. Dixo “agora agochamos a cabeza e someternos aos caprichos do Goberno amigo de Rajoy”.

Pola contra o deputado socialista subliña o compromiso do Ministro de Fomento Jose Blanco coa chegada desta infraestructura, e asegurou que “cando hai responsabilidade política como demostrou o PSOE é posible comprometerse con este pais”. Lembra ademais que o Ministro de Fomento destinou anualmente 650 millóns de euros na pasada lexislatura. Replicou “que con este nivel de investimento si que é posible que o AVE chegue a meseta a finais do ano 2015”, como xa estaba comprometido.

O parlamentario dixo que dende a chegada do PP “tomouse unha decisión preparada e debidamente condimentada coa aprobación de Feijoo e Hernández para retrasar o gran soño colectivo do AVE en Galicia, ata o ano 2018”, espetou.

E insistiu nas súas criticas “chama poderosamente á atención que moitas voces da sociedade galega que non fai moitos meses pedían deberes, hoxe están caladas e apagadas”. E concluíu “Galicia non pode tolerar este atraco ao desenvolvemento económico e a vertebración como pais”

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar