López Vidal: “Esta nova licitación do AVE por deixa en evidencia as mentiras e a manipulación de Feijoo”

López Vidal: “Esta nova licitación do AVE por deixa en evidencia as mentiras e a manipulación de Feijoo”

López Vidal: “Esta nova licitación do AVE por deixa en evidencia as mentiras e a manipulación de Feijoo”

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal resaltou que “ a licitación de outros seis kilómetros do Ave  Lubián – Ourense por valor de 221 millóns de euros, deixa en evidencia as mentiras e a manipulación descarada do goberno de Feijoo”.

López Vidal apuntou que “o traballo e o compromiso do goberno de Zapatero e do Ministro de Fomento, José Blanco, coa alta velocidade a Galicia queda sobradamente demostrado con esta nova licitación”. “Non podemos dicir o mesmo do Goberno galego que foi incapaz, nestes dous anos e medio, de elaborar un plan futuro para o transporte ferroviario en Galicia”, lamentou.

Neste senso, López vidal reclamoulle ao PP que “se poñan a traballar para elaborar unha proposta de plan ferroviario para presentala no Parlamento, como así se recolle no regulamento da Cámara, e non andar mendigando a creación dunha comisión para que os demais grupos lle fagamos  o seu traballo”. 

O portavoz de Infraestructuras resaltou que “a petición desta comisión e unha nova evidencia de que os galegos levamos perdido dous anos e medio con este goberno mediocre. E a proposta que fixo o grupo que o sustenta é un recoñecemento explícito da súa incapacidade para planificar o trasporte ferroviario en Galicia”.

Ademais engadiu que “dende o comezo desta lexislatura os socialistas propuxemos que se tomara a folla de ruta que deixamos feita cando exercemos responsabilidades de goberno: a creación dun ente ea cimentación dos pilares do transporte ferroviario de cercanía e proximidade en Galicia”. “ Agora dous anos e medio despois cando non teñen nada feito o PP de Feijoo recoñece a súa incompetencia nesta materia”, aseverou López Vidal.

Nesta senso denunciou que “ se dilapidaron recursos  e esforzos en criticar o que outros fan, mentres que en Galicia o goberno do PP non foi quen de sentar as bases do futuro transporte ferroviario  que o noso pais precisa”.

López Vidal lembrou que “ foron moitas as ocasións  nas que os socialistas lle propuxemos a este goberno sectario a creación de diferentes comisións en relación con estas e outras cuestións, que foron sempre rexeitadas coa arrogancia que caracteriza  a gobernancia de Feijoo”

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar