López Vidal esixe responsabilidades sobre o fraude e a neglixencia na xestión das infraestruturas viarias de Galicia

López Vidal esixe responsabilidades sobre o fraude e a neglixencia na xestión das infraestruturas viarias de Galicia

López Vidal esixe responsabilidades sobre o fraude e a neglixencia na xestión das infraestruturas viarias de Galicia

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal interveu hoxe no Pleno da Cámara Autonómica para defender unha moción sobre as razóns da rescisión do contrato realizado en 2009 para a execución das obras de construcción da autovía da Costa da Morte. Alí reclamou remitir a Cámara no prazo dun mes, o expediente administrativo completo, cos seus correspondentes informes, de todo o proceso de contratación da autovía da Costa da Morte, dende o procedemento de rescisión da primeira concesión, pasando pola trámite de renuncia a celebración do segundo contrato por parte da Administración.

Tamén solicitou a adxudicación definitiva a unha UTE de empresas na que participa unha empresa a cal no seu día lle foi rescindido de mutuo acordo o  contrato de concesión. A proposta foi rexeitada polo Partido Popular.

Na súa intervención López Vidal dixo que quere coñecer “toda verdade sobre a adxudicación desta infraestructura”. Xa que lembra que foi adxudicada o 7 maio de 2008, por un importe de 584 M €, co fin de “conectar a illada e castigada Costa da Morte polos sucesivos Gobernos do PP”. Denuncia que leva anos esperando a documentación deste expediente, rexistrados polo Artigo 9, pero critica que a día de hoxe non sabe nada.

O deputado socialista advirte que dende a chegada de Feijoo á Xunta de Galicia aparecen “episodios fraudulentos, escuros, neglixentes e pode que incluso delitivos”, sobre este asunto. Denuncia que a 2ª licitación desta obra tivo un sobrecusto de 395 M€, que tentaron contratar por 1.089 M€. E no que se refire a 3ª adxudicación  tivo un custe de 745 M€ - 25 anos concesión – 24 meses execución.

Con estes argumentos o parlamentario socialista quere coñecer quen é o responsable de esta neglixencia, incompetencia e fraude na xestión das infraestructuras viarias de Galicia.

Comisión de investigación

López Vidal lembrou que o PP opúxose, en sede parlamentaria, a creación dunha comisión de investigación. Por iso denuncia que o Goberno de Feijoo “non cumpriu o mandato estipulado no dereito de información”, e insistiu nas súas criticas “queremos investigar o que quere o PP esconder”, sobre esta obra viaria.

Dixo que quere coñecer si esta autovía vai ser reprogramada, ou si se verá afectada por recortes anunciados. E advertiu “chegou a motoserra a Costa Morte”.

Así as cousas reclamou ao Conselleiro de Infraestructuras “nin mais mentiras nin manipulacións”, e asegurou que Feijoo “é incapaz de acordar un mapa de estradas axeitada as novas circunstancias”.

O portavoz socialista afirma que “Galicia precisa un Goberno proactivo: para ir a máis e non volver ao pasado”, espetou. Nese senso lembrou a posta en marcha hoxe do Parador de Muxia, por parte do Ministerio de Industria.

Subliña ademais que esta actuación é solidaria cun territorio que precisa das comunicacións que sempre lle birlou o Partido Popular. E concluíu “a Costa da Morte ten dereito a coller o tren do progreso”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar