López Vidal esixe ao PP e á Xunta “rigor e dignidade” para recoñecer o compromiso do Goberno co AVE

López Vidal  esixe ao PP e á Xunta “rigor e dignidade” para recoñecer o compromiso do Goberno co AVE

López Vidal esixe ao PP e á Xunta “rigor e dignidade” para recoñecer o compromiso do Goberno co AVE

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal, esixiu á Xunta de Galicia e ao PP “rigor, seriedade e o mínimo imprescindible de dignidade” para recoñecer o compromiso do Goberno co AVE. Lamentou que fronte ás licitacións e obras do Goberno respondan con “irresponsabilidade, deslealdade e mentiras” co único obxecto de erosionar a imaxe do Executivo.

Lamenta que “ao día seguinte do encontro entre a Xunta e Fomento volvan as suspicacias, a semente de dúbidas sen rigor nin seriedade e confundindo o desexo coa realidade”. Dixo que “xa está ben de tanta mentira e tanta manipulación” e dun comportamento político “absolutamente irresponsable” para artellar un “ataque constante ao Goberno que máis leva investido na historia recente de Galicia”.

López Vidal emprazou á Xunta e ao PP a recoñecer que na xuntanza de onte o Ministerio de Fomento trasladoulle ao conselleiro de Infraestruturas “un cronograma completo dos prazos de licitación dos tramos pendentes do AVE no tramo Lubián – Ourense, dende o segundo trimestre de 2011 ate o segundo trimestre de 2012, deixando para ese mesmo ano dúas estacións pendentes e o túnel do Padornelo”.

Considera unha “indignidade política” a utilización do AVE para “tapar a mediocridade dun goberno que non xestiona nin o seu propio orzamento” e “ten paralizadas tódalas infraestruturas de comunicación que son da súa competencia”. Reclamo a Feijóo “que se dedique a traballar no seu e deixe de vixiar a quen traballa noite e día para vertebrar o noso país coa alta velocidade e pagar unha débeda histórica con Galicia”.

Engade que “comportamentos sinxelamente intolerables como este fan que cada día máis cidadáns estean nas prazas e nas rúas indignados” mentres o PP amósase “adoecido coa única teima de enterrar calquera tipo de alternativa política”. Cualificou de “lamentable” esta actitude cando “ningún goberno como o socialista e ningún ministro como Blanco puxeron tanto esforzo, adicación e recursos para conectar Galicia coa Meseta en 2015”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar