López Vidal esixe á Xunta que rinda contas polo desplome da licitación de obra pública

López Vidal esixe á Xunta que rinda contas polo desplome da licitación de obra pública

López Vidal esixe á Xunta que rinda contas polo desplome da licitación de obra pública

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Pablo López Vidal, esixiu á Xunta que dea contas da caída da licitación de obra pública da Xunta, que caeu un 40,8 por cento entre xaneiro e maio deste ano, pasando de 469,3 a 277,8 millóns de euros tal e como ven de advertir a Federación Galega da Construción.

O responsable socialista esixiu á Xunta que “diga a verdade á xente” e que aprobe a iniciativa socialista que será debatida no próximo Pleno para a constitución dunha Comisión de Seguimento das obras competencia do goberno autonómico. Lembrou que a paralización da obra pública da Xunta ven de ser denunciada dende a chegada de Feijóo á Xunta tanto polo Grupo Socialista como polas entidades da construción FGC e Seopan.

López Vidal sinala que a cidadanía “ten dereiro a saber qué obras se van paralizar absolutamente, a qué dedican os recursos da Xunta de Galicia e cómo pensan xustificar diante da UE os fondos destinados ao financiamento das infraestruturas. Reclama á Xunta que explique “qué obras teñen reprogramadas e a qué empresas están chamando para rescindirlle o contrato de obras licitadas e adxudicadas”.

Dixo que mentres o presidente da Xunta “asegura que o que non gasta en asfalto e obras o gasta en medicinas, hoxe coñecemos que, segundo Farmaindustria, a Xunta ten unha demora de 272 días de pago da factura farmacéutica e é a que máis medra de todo o Estado”.

Dixo que estes datos resultan “catastróficos” para a economía galega, xa que a obra pública “é un dos principais creadores de emprego e riqueza en Galicia”, e advertiu que “demostra que a Xunta utiliza as acusacións falsas contra Fomento para verter unha cortiña de fume sobre a súa incapacidade”. Reclamou que “en lugar de poñer deberes e dificultades ao Goberno central, se preocupen de executar as obras competencia propia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar