López Vidal esixe á Xunta a posta en marcha da VAC Costa Norte

López Vidal esixe á Xunta a posta en marcha da VAC Costa Norte

López Vidal esixe á Xunta a posta en marcha da VAC Costa Norte

Pablo López Vidal, esixiu á Xunta a inmediata posta en marcha da VAC Costa Norte. Así o dixo no debate dunha Interpelación socialista sobre a paralización da Xunta desta infraestrutura que ten 8 tramos pendentes de licitar -dos 10 que ten todo o trazado- dende a chegada de Feijóo ao goberno galego.

López Vidal denunciou, logo da intervención do conselleiro de Infraestruturas, que o goberno galego “persiste en paralizar o corredor da Costa Norte” xa que evidenciou que “non teñen nada licitado, e o único que está en obras foi adxudicado polo goberno socialista na pasada lexislatura”. Amosou unha imaxe dos eucaliptos rebrotando nos tramos competencia da Xunta que permanecen “completamente parados”.

O responsable socialista acusou polo tanto ao Goberno galego de levar “dous anos perdidos no revisionismo, a parálise e o engano” con esta vía de comunicación que supuña un investimento de 460 millóns de euros en 83,21 quilómetros entre Ferrol, Eume, Ortegal e a Mariña de Lugo. Sinalou que a incompetencia demostrada pola Xunta provocou retrasar a vía dende 2013, como determinaba o proxecto inicial, ata 2017.

Criticou que a Xunta perdeu 6 anos pola súa “incapacidade e falla de compromiso coa vertebración do interior galego” pola “parálise, incapacidade e incompetencia para gobernar” amosados polo goberno de Feijóo”. Dixo que a pesares de que Infraestruturas deixou sen executar 241 millóns de euros -un 30 por cento do seu orzamento- en 2010, só presupostaron para esta obra 14,3 millóns de euros en 2010 e só 21,4 en 2011.

López Vidal dixo que a Xunta ten “discriminado” a 300.000 habitantes da zona pola “actitude farisaica de incumprimento sistemático dos prazos” cando a realidade é que “fora posible licitar os tramos pendentes en 2010 e rematalos en 2013.

Estudo mesquiño e ruín sobre o AVE

López Vidal acusou á Xunta de manter “esquecidas” as estradas da súa competencia, e amosou unha imaxe de árbores rebrotando no movemento de terras orixinal da VAC Costa Norte. Dixo así que “non son cribles nin confiables” ao presentar un “estudo mesquiño e ruín sobre os prazos do AVE que é unha certificación falsa mais” e reclamou que “deixen de vixiar a quen cumpre” e asuman as súas competencias.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar