López Vidal esixe a Feijoo un plan de choque urxente para a mellora e o mantemento das estacións de autobuses

López Vidal esixe a Feijoo un plan de choque urxente para a mellora e o mantemento das estacións de autobuses

López Vidal esixe a Feijoo un plan de choque urxente para a mellora e o mantemento das estacións de autobuses

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal anunciou que rexistrou unha proposición na Cámara Autonómica na que reclama ao Goberno de Feijoo realizar de xeito urxente un plan de choque de mellora e mantemento das estacións de autobuses de Galicia, cuns parámetros de máxima calidade, como corresponde a un servizo público destas características

López Vidal explica que a situación de decadencia que están a padecer os usuarios/as das terminais de autobuses do noso país, precisa dunha actuación de mellora contundente por parte da Xunta de Galicia como autoridade competente na materia.

Lembra que son milleiros os viaxeiros que diariamente utilizan o servizo público de transporte por estrada para moverse e desprazarse tanto dentro como fóra do noso país, e polo tanto teñen que utilizar as estacións de autobuses para acceder a este modalidade de transporte colectivo.

O deputado socialista afirma que o estado de conservación no que se encontran a maioría destas terminais é deplorable. E sinala que “son sobre todo as que están asentadas nos grandes núcleos poboacionais de Galicia, debido ao maior número de pasaxeiros que as utilizan”.

O portavoz de Infraestructuras advirte que tanto os accesos á terminal como o estado das instalacións e de cada un dos servizos que nelas se prestan, presentan un estado impropio dun centro de transporte público, inmerecido tanto polos tanto residentes como polos visitantes.

Asevera que moitos viaxeiros e usuarios destas plataformas de transporte público levan unha imaxe “lamentable por mor da falla de mantemento e control sobre as distintas concesionarias que xestionan as estacións de autobuses que son propiedade da Xunta de Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar