López Vidal esixe a comparecencia de Feijoo para coñecer que opinión lle merece a suposta supresión da CH Miño -Sil

López Vidal esixe a comparecencia de Feijoo para coñecer que opinión lle merece a suposta supresión da CH Miño -Sil

López Vidal esixe a comparecencia de Feijoo para coñecer que opinión lle merece a suposta supresión da CH Miño -Sil


O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal anunciou hoxe que esixe a comparecencia do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo para coñecer que opinión lle merece ao Goberno de Galicia a suposta supresión do Goberno de España de suprimir a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

O deputado dixo que o Partido Popular “pretende suprimir e cancelar este Organismo”, que ten a súa sede en Ourense. Sinala que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil é un ente pola que houbo que pelexar moi duro para desmembrala do Norte”, que estaba radicada en Oviedo.

Lembra que foi un Goberno Socialista o que apostou por achegar este organismo á cidadanía “aplicando o principio de subsidiariedade, e tamén para nun futuro elevar o noso nivel de competencias no autogoberno”.

Pero advirte que “cos novos aires centralistas e xacobinos de Mariano Rajoy pretendese volver a desfacer o camiño andado e desmantelar este organismo publico asentado en Galicia”, replicou.

López Vidal afirma que “diante desta ocorrencia o PSdeG-PSOE quere saber cal é posición do Goberno da Xunta, e en concreto do Presidente ausente Núñez Feijoo, á hora de defender os intereses dos cidadáns de Galicia”, insistiu.

“Queremos saber –dixo- si sabe algo desta cuestión, e si va defender que esta Confederación siga tendo a súa sede en Galicia, ou vai permitir que a despracen para o centro?”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar