López Vidal di que o PP vai facer descarrilar a chegada do Ave a Galicia

López Vidal di que o PP vai facer descarrilar a chegada do Ave a Galicia

López Vidal di que o PP vai facer descarrilar a chegada do Ave a Galicia

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal denunciou hoxe en rolda de prensa as mentiras de Nuñez Feijoo, Mariano Rajoy e Ana Pastor sobre a chegada do AVE a Galicia. Afirmou que o PP “vai facer descarrilar a chegada da alta velocidade a nosa Comunidade”. Denuncia que cada dia poñen pedras no camiño para adiar esta infraestrutura. E pediu a sociedade galega que esperte e defenda esta obra.

O deputado asegura que goberno de Rajoy, xunto co goberno consentidor e cómplice de Feijoo “empezaron as sombras na construción deste gran soño colectivo”. Afirma que co PP chegaron as paralizacións e as reprogramacións.

López Vidal denuncia que existe un acordo “entre Rajoy e Feijoo para paralizar sine die a chegada da alta velocidade a Galicia”. Advirte que hoxe “xa non hai datas, cronogramas nin orzamentos”.

Asevera que o Norte de España vai perder o tren da modernidade, da oportunidade e para seguir medrando economicamente “porque o PP quere condearnos a esperar, e Feijoo e cómplice desta espera”.

O deputado criticou o discurso cambiante do PP ao Goberno con respecto ao AVE “agora xa non hai presas por impulsar esta infraestrutura, xa non se fabrican estudios, e xa non se miden co metro cada unha das travesas que se colocan en Galicia”.

O parlamentario dixo que tódalas infraestruturas están en revisión “as estacións, as integracións nas cidades, a conexión coa meseta, o eixe atlántico ou o tramo Ourense-Lugo”. E insistiu nas súas criticas “Galicia esta condenada a agardar”. Ademais aludiu a recente reunión mantida entre Feijo

o e Rajoy na Moncloa, e critica que non se chegou a ningún compromiso.

Eixo Atlántico

Sobre o eixe atlántico denuncia que as previsións para rematar esta infraestrutura era no ano 2013, pero lamenta que agora a Ministra Ana Pastor ven de anunciar “que non estará rematado ata o ano 2014”. E sobre o tramo Ourense –Lugo “ninguén fala”. Tamén se referiu a macrolicitacion que estaba prevista e programada entre a Xunta, Adif e o Ministerio, e que tiña que licitarse por mais de 1.500 millóns de euros “eu empezo a dubidar da capacidade política desta Ministra”, espetou.

Variante Ourense

Ademais criticou o novo cambio rumbo na variante de Ourense anunciado polo Ministra Ana Pastor, donde estaba previsto investir 500 millóns de euros, pero agora “volvese a cuestionar esta variante, para que pase o tren polo medio da cidade de Ourense, incumprindo os tempos previstos”. Por iso cualificou esta decisión como unha autentica “barbaridade e falta de coñecemento”.

Galicia merece un Presidente serio

López Vidal asegura que Galicia merece un Presidente “serio que lle diga a verdade aos galegos e que non lles minta”. Dixo que “non pode ser que o AVE a Galicia estea cuestionado polas dificultades económicas e mentres en campaña electoral en Asturias reclama a transcantábrica”.

Lembra que no ano 2009, asinouse o Pacto do Obradoiro, que aínda segue vixente “pero o PP non quere saber nada de isto”.

686 millóns de euros

Por ultimo subliñou a inversión realizada polo Ministro de Fomento Jose Blanco, que foi quen de mudar un AVE de terceira de división por un de primeira. Sinala ademais que a media de licitación na pasada lexislatura foi de 686 millóns de euros, e reclama esta mesma media para rematar o AVE no ano 2015.

Anunciou que no vindeiro Pleno da Cámara defendera unha interpelación na que reclama a Feijoo un cronograma serio sobre a chegada do AVE, e para esixir explicacións sobre a paralización desta infraestrutura.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar