López Vidal di que “algo cheira mal” na consellería de Medio Ambiente en relación coa operación Area

López Vidal di que “algo cheira mal” na consellería de Medio Ambiente en relación coa operación Area

López Vidal di que “algo cheira mal” na consellería de Medio Ambiente en relación coa operación Area

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal interveu hoxe no Pleno da Cámara para reclamar explicacións sobre a relación da Consellería de Medio Ambiente coa empresa que importa residuos asfálticos nas obras publicas de Galicia que aparece implicada na Operación Area, que instrúe o xulgado de Ferrol.

O deputado explicou que os medios de comunicación fixeronse eco dunha nova na que se da conta, de que o Xulgado de Instrucción número 3 de Ferrol está investigando unha actuación de venda de residuos non reciclados e potencialmente perigosos a empresas que se dedican a obra pública en Galicia.

Sinala que esta actuación policial, denominada “Operación Area”, salpica de cheo a un deputado do Partido Popular, Javier Escribano, que presuntamente se comprometeu a intermediar diante das administracións públicas para que as empresas adxudicatarias de obras públicas comprasen esa mercancía sospeitosa.

Advirte que nas distintas informacións periodísticas sobre esta investigación xudicial, aparece a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, presumiblemente negando a autorización da utilización destes residuos.

Así as cousas López Vidal afirma que estes acontecementos son uns “feitos graves que precisan aclaración política en sede parlamentaria”.

Replica que“algo cheira mal na Consellería de Medio Ambiente” e insistiu “non sei si son desperdicios ou residuos”, ironizou.

E lembrou que o requirimento realizado por parte da Consellería á empresa Manmer S.L, fíxose 8 meses despois de estar depositados os áridos que non queren nin en Holanda na nosa Comunidade.

E dixo que si non teña autorización como se puido utilizar estes áridos nas estradas de Galicia. Por iso preguntou “quen fiscaliza estas actuacións desta Conselleira”. E concluíu “agora dedícanse a espallar area por toda a Comunidade”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar