López Vidal denuncia “sectarismo e manipulación a favor do PP” no trato da TVG á “Operación Area”

López Vidal denuncia “sectarismo e manipulación a favor do PP” no trato da TVG  á “Operación Area”

López Vidal denuncia “sectarismo e manipulación a favor do PP” no trato da TVG á “Operación Area”

O parlamentario socialista Pablo López Vidal denunciou hoxe “sectarismo e manipulación a favor do PP” dende os informativos da CRTVG no tratamento dado á “Operación Area”, que se saldou coa dimisión do deputado do PP Javier Escribano imputado por presunto tráfico de influencias e suborno. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Control da CRTVG.

López Vidal reclamou unha CRTVG “obxectiva, plural, equilibrada e fresca” como “modelo de medio público de información solvente e non partidista que necesita o país”. Advertiu que dende a chegada de Feijóo á Xunta as imputacións que afectan ao PP son minoradas, tapadas e agochadas, mentres os que afectan aos demais partidos son amplificados, e esixiu “o mesmo tratamento que ao resto de forzas nun trato equilibrado e obxectivo”.

Sinalou así que mentres a dimisión do deputado do PP foi relegada ao remate dos telexornais do ente público, ao día seguinte “só ofreceron unha reacción en directo do PP”, mentres “as demais forzas políticas tamén temos voz e dereitos”. Dixo que “nin os índices de audiencia nin os votos o tapan todo porque non vale todo en política”.

Advertiu que “estamos volvendo a pasos axigantados á televisión do Prestige e da Guerra de Iraq, na que a xente increpaba aos xornalistas polo seu trato parcial”. Lembrou que o director xeral do ente “leva dous anos e medio dicindo que pode mellorar” o tratamento informativo na TVG, polo que conminouno a que “fágao dunha vez”.

O responsable socialista reclamou unha valoración do responsable da CRTVG “o tratamento informativo dispensado a estaa nova durante os telexornais” dos días en que se coñeceu o caso. Criticou así o “trato claramente desigual” deste caso cos “casos similares profusamente tratados en días pasados nos informativos da televisión pública de Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar